Galicia

Os procuradores de Vigo, baten todos os récords

Chegan a 2.000 notificacións diarias nos xulgados da cidade

Acepta 6 meses de prisión por tocarse los genitales delante de una menor, en un autobús urbano

As 133 procuradoras e procuradores colexiados no partido xudicial de Vigo realizaron en 2024 unha cifra récord de intermediación nos xulgados da cidade, cos datos máis elevados de actividade dende que existen rexistros.

Así, a cifra de escritos xestionados para os clientes en 2024 sitúase en 118.213, un 21% máis que en 2023 e moi superior a anos como 2019, antes da pandemia. Nesta liña, as notificacións rexistradas nos xulgados de Vigo acadaron tamén unha cifra récord, con 610.789 xestionadas, un 20% máis que en 2023 e, segundo os datos do Colexio de Procuradores de Vigo, o número de notificacións xestionadas en xornadas hábiles sitúase en 2.000 diarias.

De feito, setembro é o mes co maior número de notificacións e escritos xudiciais xestionados polos procuradores, con 67.033, por vir precedido dun mes inhábil xudicialmente (agosto). Deste xeito, nos últimos cinco anos (2020-2024), as notificacións rexistradas nos xulgados de Vigo incrementáronse un 39%.


Ademais en vigoalminuto


Papel clave

O traballo xudicial dos procuradores está moi ligado aos avogados e aos departamentos xurídicos das empresas, pois son os encargados de elaborar e tramitar entre xulgados e xudiciables as diferentes fases de cada xuízo. O seu papel é clave no cumprimento dos prazos legais, mais os procuradores están a traballar co Congreso dos Deputados para que a nova lexislación aumente as súas competencias o que permitirá axilizar a Xustiza e reducir o crecente atasco xudicial.

“Somos uns profesionais que, con máis competencias, como sucede en Portugal, poderíamos reducir o atasco xudicial á metade en só cinco anos, sinala Gisela Álvarez, vicedecana dos procuradores de Vigo.
“Os xuíces e os xulgados de Vigo funcionan ben, temos na cidade mesmo xulgados modelo premiados pola súa dedicación. Os procuradores poderíamos restar tempo a cada caso, reducir ao mínimo os tempos das tramitacións e execucións se nos dan competencias como embargar, notificar ou executar”, subliña José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.