Co comezo do ano, chega o novo espectáculo de Manuel Cortés. A Sala Ártika (Beiramar, 113) acolle o sábado 11 e domingo 12 de xaneiro a estrea de ‘O último home’, unha obra que mestura a poesía, o teatro e a música; unha novidosa proposta que busca encher un oco na programación das salas e teatros galegos.
‘O último home’ sitúanos na extinción da humanidade. Unha soa persoa queda para facer balance do
que xemos —ou non xemos— e como tendo todo a favor para gozar da nosa existencia no mundo,
conseguimos levalo ao colapso. A pesar desta temática, o espectáculo fálanos desde a comedia e desde
a poesía, armas útiles para sobrelevar as grandes catástrofes e, nesta obra, estamos diante da maior
catástrofe posible.
Esta proposta de Ainé conta coa dirección de Borja Fernández, textos orixinais de Manuel Cortés, espazo sonoro de Russ, espazo escénico de Carlos Alonso, deseño de iluminación de Laura Iturralde, vestiario de Elena Cortés e audiovisuais de Samuel Cortés. En escena, Manuel Cortés e Russ interpretan os textos e a música en directo.
Este novo proxecto de Ainé con Manuel Cortés conta coa axuda da Agadic a través do seu programa de
Subvencións á Creación Escénica para a súa produción. Logo da súa estrea en Vigo, ‘O último home sairá
de xira por Galicia nos próximos meses.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero acusa a Rueda de estar en contra del AVE directo Vigo-Madrid y de una nueva autovía a Porriño

- Besteiro esixe ao alcalde de Barbadás que dimita, logo dunha denuncia por acoso laboral

- Críticas ao incremento das achegas do Concello á Igrexa Católica

- KLM conectará Santiago de Compostela con Ámsterdam, a partir del próximo verano

Que é ‘O último home’?
É unha comedia teatral a modo de recital poético. E viceversa. Sendo precisos, unha comedia poética. Un artefacto cómico-poético-teatral para un home actor/rapsoda e unha muller DJ/ ambientadora sonora, sobre a idea da extinción da especie humana.
‘O último home’ expón, desde a evidencia, o feito de que unha soa persoa sobreviva ao resto. Sen traumas. Sen alarmas. E con humor, por suposto. Porque non deixa de ser cómico que tendo todo a favor
para gozar do mundo, o vaiamos destruír sen reparar en que nós formamos parte del.
