O Porriño prepárase para despedir o 2024 por anticipado. Un ano máis, o Concello -pioneiro neste evento- organiza unha xornada, a deste luns 30 de decembro, cunha chea de actividades para todas as idades.
Dende as 11 da mañá
A festa arrancará xa pola mañá. Ás 11.00 horas dará comezo a Festa infantil na que os máis pequenos serán protagonistas e terán o seu propio pre fin de ano con actividades, animación e pascalles de personaxes infantís. Uxía Lambona e a banda molona, será a encargada de continuar a festa tras as badaladas que soarán ás ao mediodía.
Badaladas…un día antes que no resto do planeta
Ao redor das 19.00 horas iniciarase a festa grande co pasacalles das tres rondallas locais, a rondallas de Pontellas, Santa Eulalia de Atios e Santa María, que desfilarán polas rúas da vila.
A continuación, sobre as 22.00 horas, dará comezo a actuación da orquestra El Combo Dominicano e a medianoite volverán soar as doce badaladas, da man da xornalista local, Raquel Atanes, e Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen anda aí?” da TVG. Haberá uvas, cotillón e chocolate gratuíto para todos os asistentes e unha sesión dj que promete pechar a noite ao grande.
Ademais en vigoalminuto
- Exigen la paralización de la torre de control remota en Peinador “por riesgos de seguridad”
- El Concello ampliará el presupuesto en 6,1 millones para cinco obras de ‘gran calado’
- Salceda reabre as piscinas municipais de balde para os máis cativos
- Sanidade propón que persoal MIR de 4º ano preste asistencia en pediatría e medicina familiar, durante o verán
- O Goberno de Redondela pide responsabilidade á oposición para aprobar o pago dos gastos pendentes
- Abel Caballero asegura que 6,3 millones de personas visitaron Vigo la pasada Navidad
“Desde o Concello convidamos á veciñanza e tamén a todas as persoas de fóra que así o desexen, a acudir a Porriño a festexar xuntos de maneira anticipada o fin do ano 2024 e o recibimento do aninovo, unha cita convertida xa en tradición en Porriño”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo asegurando que se manterá sempre no calendario festivo e cultural do Concello.