Destacados Vigo al minuto

O Concello segue sen aclarar a desaparición do lavadoiro histórico da Barroca

Este feito será denunciado ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que, doce días despois da súa denuncia pública, o Goberno municipal de Vigo continúa sen dar explicacións sobre a desaparición do lavadoiro de Poboadores e dos danos detectados na fonte da Barroca.

É por iso que o portavoz municipal do BNG de Vigo solicitou que se lle facilitase toda a información e acceso a toda a documentación relativa á retirada deste ben catalogado que conta con especial protección ao abeiro do PEPRI do Casco Vello. No entanto, malia que o regulamento orgánico do Pleno fixa un prazo máximo de cinco días naturais para atender as solicitudes de información de membros da Corporación, o executivo de Abel Caballero inda non deu resposta. Tampouco contestou á interpelación formulada polo BNG na última Comisión Informativa de Patrimonio Histórico. «Este silencio oficial só engade máis preocupación e alarma», afirma Xabier P. Igrexas.

«Desprezo do Goberno local polo patrimonio cultural de Vigo»

«Doce días despois da denuncia pública feita polo BNG continuamos sen saber porque foi retirado o lavadoiro, se esa actuación contou con autorización e supervisión do Concello, e o que é máis importante a día de hoxe descoñecemos onde están as pezas do lavadoiro, en que estado de conservación e cando van ser restituídas», lamentou.

Para o portavoz municipal nacionalista estes feitos son «un exemplo insultante do profundo desprezo do Goberno de Caballero co patrimonio cultural da nosa cidade, onde as obras dunha urbanización VIP como a do Barrio do Cura poden arrasar con pezas singulares e de alto valor histórico«, como son o lavadoiro de Poboadores e a fonte da Barroca, que é a máis antiga da cidade.


Tamén en vigoalminuto


Denuncia na Xunta

Diante desta situación, a fronte nacionalista vai volver esixir ao Goberno local que se lles facilite de inmediato toda a información e documentación, advertíndolle expresamente ao responsabilidades xurídicas de lles negar un dereito fundamental.

Alías, Igrexas anunciou que darán traslado da denuncia á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza, co obxectivo de que exerza as súas competencias de tutela e protección.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.