Galicia

Losada cualifica de «xustiza poética» a compra dos terreos do narco Marcial Dorado para construír vivenda social

E tamén un parque público

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou a Illa de Arousa, onde, acompañado do alcalde, Luis Arosa, visitou os dous terreos que o Concello está a piques de adquirir ao Plan Nacional sobre Drogas na avenida da Ponte e no monte do Outeiro, cunha superficie duns 3.000 metros cadrados cada un e valorados conxuntamente en 361.000 euros. As dúas parcelas, que serán dedicadas á construción dun bloque dunhas 70 vivendas sociais e dun parque público, eran propiedade do narcotraficante Marcial Dorado.

Abel Losada afirmou que a recuperación para o pobo da Illa de Arousa destas dúas propiedades «non só é un acto de xustiza social, senón, sobre todo, un acto de xustiza poética«, porque «non se me ocorre mellor fin para dúas propiedades confiscadas polo Estado a Marcial Dorado que a construción de vivendas para a xente que máis o necesita e a apertura dun parque público». Ao mesmo tempo, reivindicou o papel dos concellos como impulsores directos da construción de vivenda social, para o que garantiu a colaboración do Goberno de España.

Un coñecido narcotraficante «amigo» de Feijóo

O subdelegado do Goberno recordou que Marcial Dorado «é un coñecido narcotraficante que todos coñeciamos ben en Galicia e que, no seu día, tiña algún compañeiro de viaxes que logo chegou a presidente da Xunta [en referencia a Feijóo] e que o que fixo durante 14 anos foi unha auténtica folga de brazos caídos en todo o que ten que ver coas políticas de vivenda pública».

Capacidade de traballo

Finalmente, destacou a capacidade de traballo de Luis Arosa para alcanzar un novo acordo co Plan Nacional sobre Drogas para que estas dúas propiedades pasen á titularidade municipal, é dicir, ao servizo público, en lugar de ser subastadas ao mellor postor.

Por iso, ofreceu toda a axuda da Subdelegación do Goberno para que o Concello culmine os fins perseguidos. Anunciou xestións xa coa entidade pública empresarial SEPES, adscrita ao Ministerio de Vivenda. «Toda Galicia e toda España debe saber que o edificio de vivendas públicas que aquí sei vai construir e que o parque público do monte do Outeiro saíron do patrimonio ilegal do señor Marcial Dorado«. A este respecto, o alcalde da Illa recordou que xa enviou tres cartas á Consellería de Vivenda, da Xunta de Galicia, sen recibir resposta. Así as cousas, agradeceu o asesoramento do SEPES para a adquisición do solar da avenida da Ponte.


Tamén en vigoalminuto


«Día de festa»

Luis Arosa dixo que estamos «nun día de festa», pois o Concello da Illa de Arousa pode anunciar a compra doutras dúas parcelas ao Plan Nacional sobre Drogas, que se suman á xa adquirida na zona do Testo, onde está previsto facer o pavillón de deportes. Ao respecto da parcela da avenida da Ponte explicou que o Plan de Urbanismo a Illa de Arousa «non podía caer na especulación urbanística, dado que é un solar moi atractivo ao ter unha edificabilidade de baixo, dous andares e baixo cuberta, é dicir a máxima permitida na Illa«. Subliñou que será «unha gran axuda para fixar poboación nun municipio que, polas súas características, ten moi pouco solo edificable».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.