Cultura

Nadal máxico coa Orquestra Kv2211

Este domingo, as 12:00h. no Auditorio do Concello

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o Nadal cun concerto o domingo, día 22, ás 12:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo -na Praza do Rei- A entrada é gratuita ata completar aforo.

Tres orquestras

Nesta ocasión actuarán tres formacións. En primeiro lugar, a Orquestra Infantil dirixida por Raquel Fernández e que inclúe no seu repertorio un conto musicalizado. A continuación a Orquestra Xiuvenil, dirixida por José Manuel Fernández e por último, xuntaránse as dúas formacións e co Tutti participará o Coro Kv2211, formado por pais, nais e amigos da orquestra.


Ademais en vigoalminuto


Un 2024 intenso

Con este concerto, a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, pecha un intenso ano 2024 no que os mozos e mozas desta formación participaron en sete concertos nas distintas formacións que conforman o Proxecto Kv2211. Así, en xaneiro, a actividade cultural comenzou co Concerto de Aninovo, en marzo, «Música para unha Reconquista»; en xuño o concerto de verán ademáis de das actuacións do Ensemble de Cordas, do Ensemble de Chelos e da Orquestra Infantil no marco do Tac! Festival.

Tras o verán, a Orquestra Infantil iniciou a tempada co concerto «Música clásica polas parroquias» en Navia e a Orquestra Xuvenil celebrou en novembro o día de Santa Icía cun concerto especial adicado a música cubana baixo a dirección do maestre e compositor cubano Guido López Gavilán no que xa é o concerto que máis público congregou desta agrupación.

Este ano a Orquestra realizou, ademáis, Clases Maxistrais co gallo de mellorar a formación dos músicos de corda, que tiveron lugar na primeira semana de setembro na Escuela de Música Amadeus de Vigo.

O vindeiro concerto será o Concerto de Aninovo previsto para o sábado 11 de xaneiro ás 19:00 horas no Centro Cultural de Beade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.