O Goberno municipal do Porriño aprobou hoxe a modificación puntual do PXOM que permitirá resolver un grave problema de ‘feísmo’ urbanístico que levaba máis de 30 anos enquistado no centro da vila. A medida, afecta ao edificio lóbrego de seis plantas da Praza Central, unha das zonas neurálxicas do centro urbano, e enmárcase no ámbito das rúas Estación e Peña, no corazón da vila.
Desde a aprobación do Plabn Xeral, a realidade do conxunto de edificios na rúa Estación non foi contemplada adecuadamente, o que deu lugar a un grave estado de deterioro e abandono nunha localización principal do Porriño. A mazá na que se sitúa este edificio é a única no centro urbano cun espazo interior aberto, non edificable en planta baixa, e na que as aliñacións interiores estaban mal definidas, o que impedía que o espazo puidese ser considerado un patio de mazá ou un espazo libre.
Modificación
Deste xeito, a modificación puntual do PXOM aprobada hoxe introduce axustes nos parámetros de ocupación en planta baixa, substituíndo as aliñacións interiores por novas delimitacións edificables, resolvendo o problema que mantiña paralizada a construción. Esta solución, subliñan dende o Concello, non afectará as determinacións fundamentais do PXOM, mantendo as aliñacións exteriores, a edificabilidade e os aproveitamentos urbanísticos contemplados no plan orixinal.
Tamén en vigoalminuto
- A Deputación dá luz verde a catro convenios co Concello de Vigo para obras por valor de 5 millóns de euros
- El Puerto de Vigo rompe el techo de los 5 millones de toneladas
- Todas estas actividades en Vigo el fin de semana
Máis vivendas
Así, o alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta que a solución proposta non só resolve o problema de feísmo urbanístico, senón que tamén aborda cuestións de seguridade e mellora a funcionalidade da zona. “A prioridade é acabar con este problema de feísmo co que estivemos convivindo durante anos. Ademais, esta modificación permitirá dispoñer de máis vivendas nunha localización privilexiada, mellorando a calidade de vida dos veciños e a dinámica urbana do centro do Porriño”. Lorenzo incide en que a xestión do Goberno municipal “non se limita a esta edificación, senón que ese está a traballar para resolver esta problemática noutras construcións do municipio”.
Por último, engade que ademais de mellorar a estética e a seguridade, a nova ordenación permitirá reactivar unha área que estaba desvalorizada, contribuíndo ao crecemento sostible do municipio. A medida foi aprobada en Pleno co voto a favor do equipo de goberno e o voto en contra dos grupos da oposición.