A Copa Diputación de fútbol feminino comezará o vindeiro 6 de decembro e rematará o 17 de maio de 2025 coa ‘gran final’. Adiantouno este mércores a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, quen participou na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo no sorteo deste torneo.
“A Deputación e a Federación unimos as nosas forzas para garantir a supervivencia dunha competición que era unha insignia na provincia e merecía unha continuidade”, asegurou a vicepresidenta provincial.
Encontros
A Copa Deputación de Pontevedra de fútbol feminino arrancará o venres 6 de decembro cos seguintes partidos:
- Mondariz CF e a At. Villalonga FF “B”
- Salvatierra SD e Gondomar FB
- Club Peñasco e SCD Salcedo
- Catoira SD e Sárdoma CF “B”
- CD Mosteiro e SP. San Mateo
- Porriño Ind e SR Casablanca
- Union Guardesa e SCD Pontecaldelas
- Balaídos CF e Céltiga Féminas
- Juv. Cambados e Domaio FC
- Racing Vilariño e As Celtas “B”
- EF Mos e SD Cruces
- CF Cañiza e CD VAlladares
- SD Bandeira e Umia CF
O 4 de xaneiro entrará en xogo o Lóstrego CF “B” que competirá co equipo gañador do partido entre o
Unión Guardesa e a SCD Pontecaldelas, e o 4 de marzo o At Arousana e o Tomiño Femenino que
competirán, respectivamente, cos equipos gañadores do partido entre o Mondariz CF e o At. Villalonga FF
“B” e Porriño Ind e SR Casablanca.
Cuartos, semifinais e final
Pola súa banda, os cuartos de final terán lugar o 4 de marzo e as semifinais o 17 de abril e o 1 de maio, da que sairán os equipos que disputarán a final o 17 de maio.
Luisa Sánchez lembrou que o pasado ano participaron en total na Copa Deputación tamén unha trintena de equipos de fútbol feminino da provincia, resultando vencedoras as integrantes do Lóstrego de Gondomar.
Tamén en vigoalminuto
- A Deputación dá luz verde a catro convenios co Concello de Vigo para obras por valor de 5 millóns de euros
- El Puerto de Vigo rompe el techo de los 5 millones de toneladas
- Todas estas actividades en Vigo el fin de semana
- Los hoteles de Vigo estarán llenos durante el próximo ‘puente de la Constitución’
- ‘Los Brincos’ y sus canciones inolvidables, en Vigo este viernes
- Demandan un Plan Integral de Asfaltados para erradicar los adoquines de la ciudad
Aposta polo deporte
Tamén aproveitou a ocasión para remarcar a firme aposta da institución provincial polo fútbol feminino “ao que imos apoiar para poder seguir engrosando as bases”. Ademais fixo fincapé no “xiro” das
políticas de deporte da Deputación e salientou como exemplo os “900.000 euros que recibiron 80 clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal”, os “500.000 euros na liña de axudas á celebración de competicións ou eventos” ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que “pasa dos 4 millóns na súa primeira edición aos 8 millóns en 2025”.
Todo isto, asegurou, “porque os clubs e deportistas desta provincia están nun momento excepcional, acumulando triunfos e situándonos no mapa, e tiñamos que estar á altura para fomentar que Pontevedra se converta no grande estadio deportivo do mundo”.