Galicia

Aspanaex estrea novo centro en Vigo

Conta con 100 prazas, 35 delas concertadas

O presidente da Xunta anunciou este xoves en Vigo que o novo centro de Aspanaex situado en Coia, inaugurado hoxe, contará con 35 prazas concertadas a partir dos primeiros meses de 2025.
Rueda, que salientou o traballo de Aspanaex e de todas as asociacións que traballan pola discapacidade en Galicia, fixo fincapé en que estas desenvolven “funcións insubstituíbles”.

O presidente do Executivo autonómico, salientou que son “miles de persoas as que dedicades o voso tempo a cambio de nada” para lograr obxectivos que, se se abordasen só desde a Administración, “o resultado desde logo non sería nin moito menos tan bo”.


Tamén en vigoalminuto


100 prazas

O centro, que segundo Rueda vai supoñer “un antes e un despois” en Vigo e toda a súa zona, prestará servizos de residencia e centro de día e contará cun total de 100 novas prazas. A Xunta achegou 2.000.000€ para financiar as obras, unha cifra que supón case o 50% do total e que provén dunha orde financiada con fondos europeos e que xa beneficiou a 10 entidades sociais galegas.

Na inauguración tamén estivo presente a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen lembrou que este novo centro contou cunha axuda de 2 millóns de euros de fondos europeos do Plan de Recuperación transferidos á Xunta de Galicia polo Ministerio de Inclusión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.