“Que pasaría se a sociedade tivese que respondernos ás mulleres cando somos maltratadas, violadas, humilladas…? Se chegamos a un punto no que asumimos que a xustiza que se nos está impartindo non é
xusta?”. A partir destas preguntas xorde a nova novela de Antía Yáñez, ‘O clan das barbies’, unha obra que dende hoxe está á venda nas librarías.
“Pareceume moi interesante explorar a escalada das situacións ata o límite que terían que experimentar dúas mulleres e un home trans (criado pola súa nai como unha nena) para romper con esa socialización que nos di que hai que ser amorosas, amables, coidadosas e serviciais. E tamén hai vinganza, porque me
encantan as historias de vinganza”, conta a autora.
Esta nova novela para adultos de Antía Yáñez é unha distopía que acontece nun futuro próximo onde os corpos das mulleres, das persoas migrantes e das persoas trans non saen ben parados. De feito, no libro hai documentos reais, que existen no século XXI, “pero que hai anos pensariamos que eran ciencia ficción, porque a ciencia ficción xa está aquí”.
Ademais en vigoalminuto
- Más de 21 millones para Abanca por el edificio de López Mora y el Cine Fraga
- Desaparece o lavadoiro histórico de Poboadores e a hai danos na Fonte da Barroca, a máis antiga de Vigo, nas obras do Barrio do Cura
- Fin de semana cultural en Vigo: Kinky Boots, Ballet Clásico de Cuba, VARCO
- La falta de enfermeras amenaza la gestión de servicios clave esta Navidad
- La Avenida de Samil estrena cara
- Ofertas de Empleo en Vigo
A trama
Nun tempo en que a baixa natalidade é unha preocupación global, dúas mulleres e un home coinciden na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.
Alma naceu no Norte porque seus pais, recrutados desde o continente africano, remataron traballando nunha das milleiros de granxas abandonadas que había. Carla fixo o posible por salvar unha nai que xamais coñeceu e un pai que marchou demasiado cedo. An tivo que loitar desde ben pequeno contra as expectativas que o resto da xente deitaba sobre el.
Estas tres vidas, e todas as que con elas arrastran, entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte áprecariedade e á discriminación.
A escritora
Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira. Nos seus comezos como narradora gañou os premios de relato curto Xaime Illa Couto, o Certame Literario de Cambre ou o Certame Narracións Breves Manuel Murguía. Para o público infantil e xuvenil publicou O misterio de Portomarín (2026), que ten continuación en O misterio do torque de Burela (2019); a novela distópica Be Water (2019) e Plan de rescate (Xerais, 2020), Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.
En narrativa para adultos publicou a novela Senlleiras (2018, Premio Illa Nova) e participou no libro de relatos Entre Donas (2020). ‘O clan das barbies’ (Xerais, 2024) é a súa segunda novela na colección Narrativa despois de Non penses nun elefante rosa (Xerais, 2022).