Redondela programa para este sábado, día 26, “Verso a Verso”, un espectáculo que reivindica a importancia da poesía da man da recoñecida actriz Charo López. A representación, prevista ás 20.00h. no Auditorio da Xunqueira, “convida a facer unha pausa nestes tempos de vertixe e deixar un pequeno lapso para a música e a poesía”, explica a propia intérprete.
No recital Charo López comparte escenario co barítono Luís Santana e o pianista Víctor Carbajo, con cancións seleccionadas en función do autor e a época. Así, o recital fai un percorrido polos grandes autores da literatura española desde o século XVI até hoxe, con poemas de Lorca, Machado, Miguel Hernández ou Santa Teresa de Jesús, entre outros. Entre as cancións, que interpretará Santana, poderemos atopar temas populares da música española, arxentina ou francesa.
Os artistas explican que “a poesía funciona como unha fotografía que é capaz de recoller en palabras, nun instante, nun golpe de luz, as imaxes que enfoca, e axúdanos a reconstruír o noso pasado, presente e futuro na medida na que os retrata coas súas palabras”.
Tamén en vigoalminuto
- Vigo seguirá aislada por tren este viernes: Renfe prolonga la suspensión

- Luisa Sánchez anuncia el final de las obras en Navia y la Pista Vermella este mes

- Arrestada en Vigo una cuidadora, por una cadena de hurtos de joyas en casas de personas mayores

- La pobreza vuelve a crecer: uno de cada cinco gallegos está en riesgo de exclusión social

- Protesta en Vigo por la falta de personal en Atención Primaria: profesionales y pacientes alertan de una situación crítica

- Vigo cierra parques y cementerios, como medida preventiva por el temporal

Charo López
Actriz coñecida pola súa longa traxectoria tanto no teatro como no cinema e a televisión, acadou o recoñecemento ao seu gran traballo en 1980 con ‘Fortunata e Jacinta’ e ‘Os gozos e as sombras’, dúas series televisivas de gran éxito.
Posteriormente encadea traballos relevantes en cinema con algúns dos mellores directores do país, e consegue o Goya á mellor actriz de reparto polo seu papel en ‘Secretos del corazón’, película de Montxo Armendáriz que foi candidata ao Óscar. A pesar do seu percorrido polas pantallas de cinema e televisión, ela considérase, sobre todo, unha actriz de teatro “que leva o escenario dentro”.
Luis Santana e Víctor Carbajo
Luís Santana estudou con grandes mestres da lírica e está especializado no repertorio vocal, desenvolvendo unha incesante actividade concertística. Pola súa banda, o pianista Víctor Carbajo, músico e compositor, acompaña habitualmente a figuras moi coñecidas da lírica española e a canción.
