A Deputación de Pontevedra aprobou destinar máis de 73.000 euros para que 58 entidades de Vigo organicen neste 2024 diferentes actividades culturais. En liñas xerais, estas axudas benefician a 228 entidades da provincia que recibiron por concorrencia competitiva un total de 300.000 euros no marco desta convocatoria.
A vicepresidenta Luisa Sánchez fixo o anuncio coincidindo cunha visita á Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral que recibiu unha axuda de máis de 1.200€ para realizar un intercambio cultural a Asturias.

A responsable provincial aproveitou a ocasión para poñer en valor a aposta decidida da Deputación por dar un «xiro ás políticas culturais na provincia en aras dunha maior transparencia e equidade». Neste sentido Luisa Sánchez lembrou que este ano esta liña de axudas destinadas a promover actividades culturais medrou un 20% con respecto ao ano anterior, co obxectivo de “impulsar propostas que acheguen a todos os habitantes da provincia a cultura, porque o acceso á cultura debe ser universal”.
Festivais, encontros, galas, mostras ou festas
Deste xeito, a través desta liña de axudas provinciais distribuíronse 250.000 euros entre 188 asociacións de 44 concellos para organizar festivais, encontros, galas, mostras, festas e actividades para «poñer en valor o patrimonio inmaterial da provincia» . Ademais, tamén se aprobaron outros 50.000€ para 40 asociacións de 19 concellos para participar en festivais, concertos, intercambios culturais ou encontros que se celebren fóra da Galicia.
Ademais en vigoalminuto
- Vigo exige un autobús exprés a Peinador

- Empieza el juicio a un policía local acusado de agresión sexual

- Sánchez pide diálogo con el Canicouva ante el plan de construir viviendas en las antiguas casas de maestros

- Vigo deja casi listas las rampas mecánicas de Pintor Colmeiro para acabar con su histórica cuesta

- Un policía nacional fuera de servicio, salva en Cangas a un hombre de 77 años atacado por dos perros

- La Asociación Vecinal de Teis alerta del riesgo de desprendimientos en el antiguo centro de salud

Vigo
No caso concreto de Vigo, 46 entidades recibiron 60.211€ da liña 1, con axudas que oscilan entre os 368 e os 2.500€ para actividades como encontros de teatro, mostras de cine, festivais folclóricos, concursos de canto, festivais de danza e música, certames de cómic, concertos didácticos, certames de regueifas e de humor e, entre outras, mostras de oralidade ou improvisación.
Pola súa banda, outras 12 entidades da cidade recibiron 12.871€ da liña 2, con axudas que oscilan entre os 450 e os 1.779€, para poder asistir a ciclos de música en Roma, desfiles en Portugal, participar en festivais de música en Chile, asistir a festivais folclóricos en Asturias, realizar intercambios culturais en Portugal, Oviedo, Bélxica, actuar en Madrid ou asistir a congresos en Cuba.
