A folga das traballadoras e traballadores da CRTVG contra a externalización de contidos será indefinida a dende este mércores, día 16. Logo de catro días de partos parciais -forzando a suspensión da emisión do programa O Termómetro, o Comité de empresa denunciou a “nula vontade de negociación da empresa» e por iso o seguinte paso será cumprir co anuncio que fixeron os representantes dos profesionais: que a folga sexa indefinida sen non había acordo este pasado luns, día 14.
Tamén en vigoalminuto
- Avanza a reparación do noiro da AG-57, tras os desprendementos dos temporais
As obras, cun investimento de máis de 109.000 euros, inclúen traballos de bulonado e gunitado para estabilizar o talude - Marín acoge el Campeonato Gallego de Kickboxing y Muaythai 2026, con récord histórico de participación
Más de 220 deportistas competirán este fin de semana en una cita clasificatoria para el Campeonato de España - El próximo día 23 abre el plazo para solicitar plaza en las escuelas infantiles municipales
Ofrecen matrícula y servicios totalmente gratuitos
Onte, diante das instalacións da CRTVG en San Marcos, os concentrados formaron un SOS para «concienciar á cidadanía galega» e que se suma á defensa duns medios públicos “secuestrados pola Xunta do PP».
Dende o Comité Insisten en que esa externalización- da que é proba O Termómetro, que substituíu ao espazo A Revista, producido pola propia TVG durante máis de 21 anos- “agrava a manipulación informativa” e contribúe ao “desmantelamento programado” das canles autonómicas.
Pola súa banda, os responsábeis da CRTVG, aseguran que o seguimento dos paros non chega ao 32% e que preto dun 70% dos profesionais non os apoian.
