Destacados Vigo al minuto

Licitado o proxecto de redacción de 68 vivendas públicas en Vigo

En Navia

O Consello da Xunta autorizou este luns o proxecto de redacción para a construción de 68 novas vivendas públicas en San Paio de Navia. Exactamente, destínanse 637.000€  para este proxecto que forma parte da segunda fase da urbanización de Navia, que ten como obxectivo chegar aos 1.600 pisos nos próximos anos.

Na rolda de prensa posterior á reubnión do Goberno, Alfonso Rueda asegurou que «Vigo e A Coruña son os lugares en que concentran maior esforzo investidor da Xunta en materia de vivenda». O presidente apuntou que o obxectivo final é duplicar o parque de vivenda pública de 4.000 a 8.000 casas. 


Ademais en vigoalminuto


Dous edificios

En agosto, a Xunta licitara os proxectos e construcción de 57 pisos de protección por un total de 12,8 millóns. En concreto, licitáranse os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra e de contratación das obras de construción de dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IVA-6 e M-IVA-3 do polígono 1 de Navia.

Na parcela  M-IVA-3 prevese a construción dun edificio para 19 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos. Polo que se refire á M-IVA-6 prevese a construción dun edificio para 38 vivendas.

Máis de 106.000 m2 para 719 novas vivendas protexidas

 Pola súa banda, en xullo, a Consellería de Vivenda e Promoción de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS),  autorizou a contratación da obra de urbanización do polígono 2 (Fases A e B) do plan parcial de Navia cun investimento de 16.368.975,04 euros.  Ademais xa están en marchas as obras do polígono 1, con remate previsto para a primavera do ano 2025.

Antes xa se autorizara a licitación da obra de urbanización do polígono 2 da ampliación de San Paio de Navia, que ten unha superficie total de 106.361 metros cadrados, e prevese que poida acoller un total de 719 vivendas.

Desta forma, na Fase A, con 44.538 metros cadrados, haberá 337 vivendas, e na Fase B, con 61.823 metros cadrados, serán 382 vivendas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.