Comarcas

O Porriño pon en marcha o seu programa de ‘Vivendas Valeiras’ para facilitar o acceso ao alugueiro

Mira como funciona

O Concello de Porriño vén de poñer en marcha o seu Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca activar o maior número posible de propiedades desocupadas de titularidade privada para incorporalas ao mercado de alugueiro a prezos accesibles. Esta acción enmárcase dentro do Programa de Mobilización de Vivendas en Alugueiro, impulsado polo goberno autonómico a través do IGVS.

A través deste programa o Concello creou un rexistro de potenciais arrendatarios e outro de vivendas e, a través do departamento de Servizos Sociais, adxudicaranse atendendo ás bases reguladoras do mesmo.

Garantías para os propietarios

Co obxectivo de incentivar aos propietarios, o programa ofrece garantías como un seguro que cobre o abono de rendas non pagas e outro para a reparación de danos durante a vixencia do contrato, ademais de asistencia xurídica. Os propietarios interesados en participar deberán presentar a súa solicitude antes do 31 de decembro de 2025.

Rexistro de demandantes de vivenda de alugueiro

Doutra banda, as persoas que busquen vivenda e cumpran cos requisitos establecidos poderán inscribirse no rexistro de demandantes do concello. Este programa está deseñado para axudar a quen enfronta dificultades para acceder a un alugueiro, asegurando que a renda non supere o 30% dos seus ingresos. Entre os requisitos esixibles están que deben estar empadroadas no Concello do Porriño e que se atopen nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda en aluguer.

“Este programa pode ser un recurso fundamental para moitas familias do Porriño que se atopan en situación de vulnerabilidade, con dificultades para acceder á unha residencia debido á súa situación económica e á escaseza de vivendas en alguiler”, explica o alcalde. Alejandro Lorenzo subliña tamén que a colaboración público-privada, coa implicación das administracións e propietarios, é esencial para poder solventar esta situación “por iso agradezco de antemán aos propietarios que se sumen a esta iniciativa”.

As bases poden consultarse na seguinte ligazón: https://oporrino.org/documentos/bases-reguladoras-do-programa-de-vivendas-baleiras-2024/

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.