O alumnado de segundo de Bacharelato aínda non sabe como serán as probas que determinarán o seu acceso á Universidade. «Incríbel, mais certo. A pesar de que levamos case un mes de curso, a única información que temos é que os exames da PAU se celebrarán nos días 3, 4 e 5 de xuño. Xa está. Isto é todo».
Así, denuncian dende o Sindicato de Estudantes, o Ministerio de Educación e as consellerías Educativas das Comunidades Autónomas, «están a manter un silencio intolerábel. En lugar de presentar os cambios e novidades antes de arrancar o curso, permitindo ao noso profesorado preparar ben os contidos académicos e garantir que o estudantado teñamos facilidades para prepararmos esta proba, encontrámonos con que a principios de outubro aínda non sabemos nada«.
Á vista desta situación, convocan ás concentracións este venres 11 de outubro, no marco da Folga Estudantil convocada polo Sindicato de Estudantes en tódolos institutos do Estado.
Máis novas en vigoalminuto
- Las nuevas rampas de Gran Vía, que costarán 9,1 millones, abren otra batalla entre Caballero y la Diputación

- O BNG esixe reabrir as 180 camas pechadas en Vigo ante a presión das Urxencias

- De expulsar a Napoleón a conquistar el mundo: la Reconquista busca el salto internacional

- “No vas a quedar viva”: ocho meses de libertad vigilada por amenazar de muerte a una profesora en Vigo

- Vigo concentra cinco de las seis salas de la provincia que ofrecen cine por 2€ a los mayores de 65 años

- ADEGA denuncia que a Xunta converte Ons nun “resort turístico”

Brutalidad policial
Ademais, denuncian a «intorelabel cunha brutalidad policial -como aconteceu en Murcia-. Como é posíbel que se trate así a estudantes pacíficos? Decenas de antidisturbios, pelotas de goma, porrazos e mozos e mozas en urxencias; así é como se responde ás lexítimas demandas estudantís? Non podemos permitir que nos traten como na ditadura. Exiximos xuízo e castigo para os policías implicados nesta intervención e a súa expulsión inmediata do corpo, así como a dimisión da Delegada do Goberno de Murcia e do Ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska».
O Goberno e as Comunidades Autónomas «están a rir na nosa cara»
Por último dende o sindicato aseguran que o Ministerio de Educación e as Consellerías educativas «están a rir na nosa cara, e están a xogar coa saúde mental e o futuro de decenas de miles de estudantes«, engadindo aínda máis dificultades, máis estrés e máis incertidume a unha «proba cuxa razón de ser é convertir o acceso á Universidade nun privilexio de clase«.
