A borrasca Kirk deixa decenas de incidentes en todo o termo municipal de Nigrán, fundamentalmente corte de estradas ante a caída de árbores, pero ademais, os refachos desta noite provocaron o desprendemento dunha das placas da cuberta do Pavillón Municipal de Panxón, quedando ao descuberto. Por este motivo, o Concello de Nigrán avisa aos usuarios da suspensión de todas as actividades deportivas que se desenvolven no seu interior ata novo aviso.

Desde primeira hora, un dispositivo de preto de 50 persoas composto por todos os operarios municipais, brigada forestal e desbrozadores se apuran en devolver a situación á normalidade coordinados desde a Policía Local.
Tamén en vigoalminuto
- Convocada este viernes una manifestación, desde Praza de España, para exigir la AP-9 gratuita

- Un accidente múltiple en el Puente de Rande colapsa la AP-9 en dirección Santiago

- ¿Cómo puede ahorrar un vigués al viajar desde Madrid?

- El Concello de Vigo tendra que indemnizar a la familia de Sergio Sanlés

- La ‘Pista Vermella’, lista

- Vigo, a punto de “cazar al vuelo” su conexión directa con Londres

O traballo consiste maiormente na retirada de árbores de estradas como a de Chandebrito, onde o alumnado tivo problemas para desprazarse tanto ata o Colexio Estudio (situado na propia parroquia) como aos centros escolares ubicados no termo municipal de Vigo. Tamén se rexistraron caída de árbores no Ceán, en Vilariño (Padres Franciscanos), núcleo da Ramallosa, As Rozadas, A Touza.
