Francisco G.L., acusado pola explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico en Tui, aceptará hoxe, na súa comparecencia ante Audiencia de Pontevedra unha pena de 4 anos de cárcere. A Fiscalía pedía no seu escrito de conclusións provisionais, 14 anos.
Está acusado de dous delitos de homicidio imprudente, 28 delitos de lesións, un delito de estragos imprudentes e tres de risco, a causa da explosión que se produciú o 23 de maio de 2018 no barrio de Paramos. Alí, o acusado almacenaba, irregularmente, cando menos, 2,5 toneladas de material pirotécnico.
Acordo
Ademais dos 4 anos de cárcere, o acordo abrangue a inhabilitación durante 18 anos para oficio relacionado coa pirotécnia; afastamento durante 6 anos e a unha distancia de 1 quilómetro do lugar da explosión.
Ademais asume, xunto coa aseguradora, a responsabilidade civil, aínda que o montante da mesma -estimado nuns 12 millóns de euros– ten que fixalo o xulgado.
Outras novas en vigoalminuto
- Vuelve la lluvia…con una tregua este viernes

- La presión vecinal frena la subida del recibo de basura en el Morrazo

- El Tribunal Supremo rechaza el último recurso de Audasa por los peajes de Rande

- Abiertas las inscripciones para el Trail do Aloia

- Vecinos del centro denuncian actividades ilegales en un bajo de Luis Taboada

- O Tren do Nadal do Porriño, arranca este mércores

Dous mortos, 40 feridos e 400 casas danadas
A causa de explosión, faleceu dun matrimonio, preto de 40 persoas resultaron feridas de distinta consideración, houbo 400 vivendas danadas, ademais de 80 coches e tamán varios bens municipais, por valor duns 700.000€.
Os feitos levaron á detención do dono deste almacén clandestino, e titular da pirotecnia La Gallega. Ainda que quedou en liberdade, a Garda Civil arrestouno de novo días despois, logo de localizarse tres depósitos clandestinos con uns 2.500 kilos de material explosivo e pirotécnico, sen rexistrar.
Á vista dos feitos, decretouse o seu ingreso en prisión provisional entre o 29 de maio de 2018 e o 11 de marzo de 2019.
