Comarcas

Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes

O Goberno local rexeita a petición de celebrar a feira todos os venres do ano

Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes

O Concello de Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes, tal e como establece a Ordenanza Municipal.  Deste xeito, o Goberno local rexeita a petición de celebrar a feira todos os venres do ano, realizada pola Asociación de Empresarios y Comerciantes Ambulantes de Galicia con sede en Alpedrete, Madrid.

A decisión está abalada pola Asociación Galega de Ambulantes Autónomos, e tamén da Asociación de Empresarios de Redondela, que rexeitan facer a feira semanalmente cada venres. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que desde o goberno local puxéronse en contacto tanto co colectivo de vendedores ambulantes que traballa en Redondela como coa asociación de empresarios para coñecer a súa opinión sobre este asunto “e ambos colectivos están a favor de manter os días de feira tal e como están actualmente”.

Deste xeito, o municipio conta con catro feiras mensuais, xa que en Chapela celébrase os días 2 e 16 de cada mes.


Tamén en vigoalminuto


A propia Asociación de Empresarios fixo unha sondaxe interna entre os seus asociados e un 80% están en contra de aumentar os días de feira. Outro aspecto a ter en conta son as consecuencias que a celebración da feira ten na vida cotiá dos veciños, pola reducción das prazas de aparcadoiro. “Celebrar a feira todos os venres do ano suporía un prexuízo maior para a veciñanza, e desde o goberno local primamos o interese xeral da cidadanía”, sinala a alcaldesa.

Ante o anuncio de mobilizacións e concentracións por parte deste colectivo de Alpedrete para reclamar que se acepte facer a feira todos os venres do ano, Rivas asegura que «non vou ceder a chantaxes nin presións por parte deste colectivo nin de ningún outro”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.