Galicia

Desvíos dende hoxe na A-55 en Tui polos traballos na capa de rodaxe

O tráfico irá polos ramais da conexión da autovía Tui-A Guarda por Areas,

Este martes comezan os traballos na capa de rodaxe na A-55 en Tui que farán necesarios desvíos

A Xunta iniciará este martes traballos de renovación da capa de rodaxe na A-55 en Tui, que farán necesarios desvíos de tráfico. As obras estarán en marcha entre hoxe ás 08:00 e o mércores ata as 18:00 horas, e tamén se poderían prolongar ata o xoves se é necesario.

Desvíos

Para poder traballar na calzada, o tráfico irá estes días polos ramais do enlace de conexión da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces coa autovía A-55 e de Areas, construído recentemente.

Trátase do acondicionamento do firme neste treito da A-55, que é de titularidade estatal e que se afectou coa execución do enlace da autovía Tui-A Guarda. No marco destas últimas obras, xa se repuxera o firme afectado, pero agora esténdese o ámbito da renovación da capa de rodaxe na A-55 a toda a lonxitude, entre os ramais de enlace executados.

O obxectivo destes traballos é acadar unha maior homoxeneidade nas características do firme e, polo tanto, contribuír á maior comodidade dos usuarios da autovía. Tamén están comezando os traballos de mellora da seguridade e accesibilidade no treito da N-551, que está en trámites de transferirse ao Goberno galego, pasando a integrarse na estrada autonómica PO-552.

Estas intervencións enmárcanse nun contrato máis amplo, cun investimento de 1 millón de euros, co que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas está a acondicionar as vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, en Tui.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.