Cultura

Este martes, primeira reunión aberta á cidadanía para escoitar as propostas para o cine Fraga

A las 19:00h. en la Delegación de la Xunta en Vigo

El proyecto del Cine Fraga se licitará este mes

A Xunta e a Deputación de Pontevedra celebrarán este martes (19:00h.) na Delegación do Goberno galego en Vigo (r/Concepción Arenal, 8) a primeira reunión aberta a toda a cidadanía para enriquecer o Plan de usos do cine Fraga. «O obxecto deste encontro é coñecer de primeira man as propostas e suxestións de todos os vigueses e viguesas e deseñar, así, unha senda compartida para convertelo nun centro de desenvolvemento cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular».

Máis de 7.00 m2 no centro de Vigo

Así se deu conta no informe da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, avaliado hoxe na reunión do Consello que inclúe os seguintes pasos que darán a Xunta e a Deputación para a apertura.

Hai que lembrar que este edificio emblemático da cidade, pechado dende pechado desde 2011, conta con máis de 7.000m2, está considerado como unha xoia da arquitectura civil e forma parte do
Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia
.

Así, como informamos en vigoalminuto, este verán a Xunta e a Deputación de Pontevedra compraron o inmoble por algo más de 9,3 millóns de euros – a Xunta achega o 51% e a Deputación o 49% restante- e abriron, por medio da campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’, un período de recollida de ideas, de cidadáns, asocacións e entidades culturais para concretar o seu uso público e as oportunidades que emerxen coa súa reapertura.

Esta iniciativa desenvólvese a través de dúas vías: unha caixa de correo electrónico e a programación de xuntanzas abertas á cidadanía, cuxo primeiro encontro terá lugar mañá e que continuarán nos vindeiros meses con diversos axentes culturais, sociais e económicos da cidade.


Tamén en vigoalminuto


Preto de 200 propostas a través da caixa de correos virtual

A caixa de correos virtual – [email protected]-recibiu dende o pasado 23 de agosto preto de 200 achegas que aumentarán posto que seguirá aberta ata finais deste mes. As mesmas servirán ao obxectivo de que o Fraga acolla unha variada programación, que incluirá eventos e espectáculos que esixen unhas dimensións como as que ofrece o inmoble, proxectos baseados na exhibición, a creación
e a participación
ou a instalación de propostas culturais e creativas de relevancia.

Calendario

Tras a recadación destas prevese que o proxecto quede redactado neste mesmo ano e se reserve a previsión dos primeiros investimentos nos orzamentos de 2025, ano en que se fará a súa presentación
pública.

Entre 2025 e 2026, prevese a licitación e adxudicación das obras, «coa intención de que estean rematadas para o seu uso ao final deste período«, apuntan dende a Xunta.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.