O nadador vigués do Club Natación Mos, Juan Ferrón, recibiu o agarimo dos seus compañeiros e amigos que o recibiron logo de acadar o diploma paralímpico nos Xogos de París na modalidade de 100 metros bolboreta-cun tempo de 59»77-. Ademais, Juan na súa primeira actuación nuns Xogos, participou nos 400 metros libres, logo de acadar nas últimas tempadas distintos títulos nacionais e internacionais.
Ademais en vigoalminuto
- El BNG vuelve a exigir que se paralice la torre de control remota de Peinador
Y acusa a Aena de “poñer en risco a seguridade” - La Diputación pide al alcalde que le envíe el proyecto de Balaídos para garantizar el Mundial 2030
La vicepresidenta reclama documentación para reformar la Tribuna - Arrestados tras llevarse objetos por valor de 588€, en un establecimiento del centro
La Policía Local los interceptó tras seguirlos por Urzaiz y Vialia
Representantes institucionais quixeron felicitar tamén ao nadador do que salientaron o seu «grandísimo mérito», máis aínda sendo o seu debut nunha cita paralímpica. Así, a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asegurou que «sentímonos moi orgullosos» ao tempo que aconselloune que “recague pilas e colla forza para afrontar estes catro anos que tes por diante, para que en 2028 nos volvamos a ver aquí para celebrar a túa medalla nos Xogos de Los Ángeles”.

