A oposición do Concello de Redondela non cré que a xestión da alcaldesa, Digna Rivas, sexa precisamente una fantasía e cualifica de «vergoñento» e «insulto aos veciños» que o Goberno municipal «alardee de que se acaban de pagar obras e servizos que datan dos anos 2021, 2022, e 2023».
Mil días para pagar
Para Javier Bas, ex alcalde e portavoz do grupo popular, maioritario na Corporación, «que o Concello de Redondela tarde 1.000 días en pagar facturas, xa que este verán veñen de satisfacerse pagos que datan de ata o ano 2021, non é para que Digna Rivas presuma, máis ben é para que presente a súa dimisión pola súa incapacidade para dirixir o noso municipio e pola súa nefasta xestión económica”.
O Concello, intervido polo Goberno de España
Bas cré que vender como boa xestión o pago de 2,7 millóns en facturas adebedadas dende hai tres anos, xurde porque coñeceuse que «Redondela é un dos catro concellos da provincia de Pontevedra que foi intervido polo Goberno de España para pagar as súas facturas, desde a Administración Xeral do Estado, a
través da detracción dos fondos estatais que mensualmente recibe o Concello e que ten como obxectivo paliar os continuos e excesivos retrasos».
Tamén en vigoalminuto
- Caballero acusa a Rueda de estar en contra del AVE directo Vigo-Madrid y de una nueva autovía a Porriño
Reprocha al presidente de la Xunta que priorice el paso del AVE por Santiago - Besteiro esixe ao alcalde de Barbadás que dimita, logo dunha denuncia por acoso laboral
Reafirma a tolerancia cero fronte a este tipo de comportamentos - Críticas ao incremento das achegas do Concello á Igrexa Católica
O Bloque cuestiona convenios por valor de 640.000€ en 2025 e denuncia opacidade e trato de favor fiscal á Diócese Tui-Vigo
«Caradura»
Javier Bas cualifica de «surrealista» que a alcaldesa asegure que o pago das facturas se fixo nun tempo récord e denuncia que «hai que ser unha caradura política para soster que se abonaron moito antes do prazo”.
O ex alcalde advirte de que Rivas “míntelle descaradamente á cidadanía de Redondela” por achacar este longuísimo retraso nos pagos, «que denota os problemas da tesourería municipal», ao problema informático do programa decontabilidade, que tivo lugar o ano pasado. “É bastante difícil de crer que 594 facturas dos anos 2021 e 2022 por importe de 488.000 euros, que se abonaron o pasado mes de xuño, non se puideran pagar antes por un problema que xurdíu en 2023”, manifestou, antes de lamentar que se recurra ás falacias “para tratar de agochar a súa nefasta xestión económica”.
O período de pago está en 163 días, cando debería ser de 30
A xuízo de Javier Bas, «Redondela ten importantes problemas financeiros» pola exclusiva responsabilidade do goberno de Digna Rivas, xa que «presume dun remanente que se constrúe unicamente a base de non pagar as facturas, pero paralelamente se ten afogados aos autónomos e empresas que traballan para o Concello con retrasos esaxerados no pago».
Por último, o portavoz popular apunta que datos oficiais do Ministerio de Facenda amosan que o Período Medio de Pago a Provedores (PMP) do Concello de Redondela xa se elevou ata os 163 días ao peche do segundo trimestre de 2024, cando nos anteriores tres meses estaba fixado en 137 e o máximo legal é de 30 días.
