Galicia

Máis de 600.000 vehículos circularán por Galicia nesta ‘Operación Retorno’ do verán

A terceira parte deles nas estradas da provincia de Pontevedra

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) agarda que máis de 630.000 vehículos circulen polas estradas galegas os vindeiros días, coincidindo coa ‘Operación Retorno’ do verán. A gran maioría deles, preto de 225.000 rodarán pola provincia de Pontevedra; ao redor de 190.000 pola de A Coruña; 120.000 pola de Ourense e algo menos de 100.000 pola de Lugo.

O dispositivo previsto para regular e vixiar este regreso das vacacións comezará ás 15:00 horas deste venres, día 30, e rematará ás 23:59h. do domingo, 1 de setembro.

Venres e domingo, días de máis tráfico

A previsión é que as primeiras horas da tarde do venres -dende as 16:00h.– o tráfico sexa máis intenso, o mesmo que o domingo pola mañá, especialmente as vías de acceso á costa, praias e concellos litorais e, logo, desde as 16:00 ás 23:00h. cando aqueles que rematan a fin de semana regresan a casa.

Así, a intensidade da circulación será maior nas estradas que saen de zonas turísticas cara a grandes cidades. Ao mesmo tempo, tamén agárdase máis movemento nos pasos fronteirizos que comunican con Portugal.

En calquera caso, dende a DXT piden prudencia e respecto das normas. Así mesmo, recomendan planificar as viaxes, evitar as horas punta e informarse sobre o estado do tráfico entrando na súa web ou chamando ao teléfono 011.

Vixilancia

Como nas distintas operacións ao longo deste verán, Tráfico ten previsto un dispositivo de vixilancia en toda a rede de estradas, con especial atención á VG-4, AP-9, AP-55, AP-52 e vías de praias como, PO-308 (Sanxenxo) e a PO-552 (zona Baiona).

Actuación

Do mesmo xeito, a actuación durante estes días estará centrada en cinco puntos:

  1. Máis visibilidade das patrullas nas vías de alta capacidade.
  2. Controis de velocidade en modo dinámicoRadares en marcha en coches camuflados en autovías e autoestradas e con vehículos rotulados en estradas convencionais.
  3. Vehículos camuflados para vixiar as distraccións ao volante como uso de móbiles, pantallas táctiles e cintos de seguridade.
  4. Aumento dos controis de alcohol y drogas.
  5. Actuación particular de control en estradas con moita afluencia de motocicletas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.