Comarcas

O Concello de Tui solicita a declaración de catro “lugares de memoria democrática”

A antiga cárcere do partido xudicial, a Alameda, e os cuarteis da Armada e
os Carabineros

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinou este martes a solicitude de declaración de catro enclaves da nosa cidade como “Lugares de memoria democrática” co obxectivo de «preservar a memoria das vítimas da Guerra Civil e posterior represión pola ditadura franquista», tamén como testemuño de recoñecemento e co obxectivo de erradicar calquera forma de violencia política ou totalitarismo.

Nesta solicitude que se envía á Dirección General de Atención a las Víctimas y Promoción de la Memoria Democrática do Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática se propón esta declaración para estes catro enclaves directamente relacionados coas vítimas da guerra e posterior represións:

  • O antigo cárcere do partido xudicial na Praza da Inmaculada onde estiveron detidos a inmensa maioría destes represaliados
  • Tamén o parque da Alameda pois no inmediato cuartel de San Domingos tiveron lugar numerosas execucións dos condenados á pena capital
  • Así mesmo, o Destacamento da Armada como recoñecemento a lealdade da dotación do “Cabo Fradera” ao goberno lexítimo
  • O cuartel dos Carabineros, actualmente da Guardia Civil, pois tamén este corpo policial mantivo unha exemplar fidelidade fronte ao golpe militar.

Itinerario de memoria democrática

Con estes catro lugares preténdese a creación, tamén, dun itinerario de memoria democrática no concello de Tui, que sufriu unha elevada represión logo de ser o último reduto de resistencia ao golpe militar do 18 de xullo pois, xunto co Baixo Miño non caeron baixo o control dos sublevados ata o 26 de xullo de 1936 logo de vencer este o intento de resistencia de militares e milicianos tudenses na Volta da Moura (lugar que non pode ser incluído nesta solicitude do Concello tudense ao atoparse no municipio veciño de Salceda de Caselas).

88 aniversario dos fusilamentos

A sinatura polo alcalde coincide co 88 aniversario das execucións realizadas no concello tudense nas que foron fusilados diversos dirixentes sociais e políticos de Tui e a súa contorna: Enrique Jaso, o seu xenro José Alonso, Francisco Guinde e José Barreiro, xunto ao porriñés José Francés Carpintero, e o monfortino Manuel López Losada.

Para Enrique Cabaleiro esta solicitude que comeza agora a súa tramitación ten a vontade de conservar presente na memoria colectiva a memoria dos homes e mulleres vítimas da represión e violencia desatada tras o rebelión militar, a guerra civil e a ditadura elemento básico para «afondar na potenciación dos valores democráticos que rexen a nosa vida colectiva».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.