Cultura Música

Jay & The Smoking Machines pechan os ‘Solpores da Rebullón’

Este xoves, día 29, ás 21:00h. con billeteira inversa

Os Solpores da Rebullón chegan á súa fin este xoves, 29 de agosto, logo de media ducia de grupos que xa se subiron ao escenario do exterior do CSCD As Pedriñas. E faino por todo o alto, da man de Jay & The Smoking Machines.

Rock&roll en todas as súas vertentes

Sen dúbida, a banda merecía actuar de novo en Tameiga, logo do gran sabor de boca que deixaron en marzo, cando telonearon aos estadounidenses Jason Kane & The Jive na sala Rebullón. Este xoves 29, ás 21:00 horas, o público terá a oportunidade de gozar dos de Redondela en solitario.

Jay & the Smoking Machines é unha banda de tres partes, adicada o rock&roll en todas as súas vertentes, con ritmos exóticos, liñas de baixo con alma, guitarras bárbaras e un par de voces clamorosas. Neste momento, atópanse preparando o seu primeiro disco, cancións que presentarán nos Solpores.

«Un monstro de Frankestein afumado de riffs de guitarra chirriante e un irresistible beat de bateria»

A mellor maneira de definir o repertorio de Jay & Smoking Machines é como «un monstro de Frankestein afumado de riffs de guitarra chirriante e un irresistible beat de bateria». As cancións están construídas con partes de aquí e de alá dun pozo infinito como é a música blues. Ás veces oscura e crúa, as veces lixeiras e burbuxeantes, eles fan brillar o escenario cunha enerxía fascinante.

Jay (Jeroen Mesker) é un cantante de blues de Amsterdam. Despois de 25 anos xogando na escena do rock&roll, decidiu que era a hora de preparar a maleta, comprar unha furgo vella e emprender a viaxe. Mentres divaga por Europa, Jay remata a viaxe en Galicia. É aquí onde atopa a Alberto López y Luí Perez. Cando eles engánchanse a tocar xuntos, encandílanse pola dinámica. Parece que levan tocando xuntos pola vida enteira. Entón decidiron formar unha banda con Redondela como base.

Billeteira inversa

Coa súa enerxía e ritmo habituais, Jay & The Smoking Machines interpretarán o mellor do seu repertorio no CSCD As Pedriñas este xoves, 29 de agosto, desde ás 21 horas, con acceso con billeteira inversa: acceso de balde e abono ao remate da cantidade que considere xusta.

Última oportunidade para gozar dos Solpores da Rebullón, festival organizado pola Comunidade de Montes de Tameiga e polo que, este verán, pasaron Jazz de Laranxa, Madmess, Pablo Vila y Los Tripulantes, Castro y Los Escoltas, Froján e Todas las Batallas Perdidas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.