Galicia

Este mércores remata o prazo para que os concellos da provincia de Pontevedra soliciten contratos formativos

Con eles a Deputación facilitará a contratación de 128 persoas

Este mércores remata o prazo para que os concellos da provincia de Pontevedra soliciten contratos formativos

A Deputación de Pontevedra pecha o próximo mércores 21 de agosto o prazo para que os concellos da provincia soliciten contratos formativos ao abeiro do novo programa ‘+Emprega nos concellos’. O proxecto, cun orzamento de 2,1 millóns de euros para os anos 2024 e 2025, dotará mozos desempregados da provincia dunha primeira experiencia profesional nos servizos municipais dos concellos adheridos, co obxectivo de promover a inclusión social e mais o desenvolvemento económico e social da provincia a través da mellora da empregabilidade.

128 postos de traballo

‘+Emprega’ permitirá que se formalicen ata 128 contratacións na modalidade de contrato formativo nos concellos de menos de 50.000 habitantes, que se repartirán da seguinte maneira: os 12 concellos con ata 3.000 habitantes terán á súa disposición un contrato; os 25 concellos de 3.001 a 10.000, un máximo de dous, e os 22 concellos de entre 10.001 e 50.000 poderán solicitar ata un máximo de tres.

No caso dos postos que requiran licenciatura, grao ou diplomatura, o máximo mensual que percibirán será de 1.400 euros (16.800 euros anuais); nos ciclos superiores de Formación Profesional, 1.200 € ao mes
(14.400 € ao ano) e para os ciclos medios de Formación Profesional 1.000 € ao mes (12.000 € anuais). En
calquera caso, o salario non poderá ser inferior ao 70% para o grupo profesional e o nivel retributivo
correspondentes ao nivel de estudos e funcións desempeñadas.

Os concellos poden presentar as súas solicitudes a través do formulario dispoñible na sede electrónica da
Deputación. No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) poden consultarse as bases da
convocatoria
cos detalles, requisitos e documentación necesaria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.