Cultura

Comeza o ‘Canjazz 2024’ coa proposta futurista de Raw Fish e as reminiscencias do folk arxentino de Los Guachos

Este domingo ás 22:00h.

Comeza o 'Canjazz 2024' coa proposta futurista de Raw Fish e as reminiscencias do folk arxentino de Los Guachos

O Canjazz 2024 arrinca este domingo 18 ás 22:00h. co concerto da banda italo danesa Raw Fish, que combina punk, indie rock e música improvisada cunha enerxía única e futurista creada “nunha nave espacial” coa que viaxan por terras descoñecidas e sons nunca antes escoitados.

Raw Fish

Raw Fish está formado polo guitarrista danés Teis Semey e o baterista italiano Giovanni Iacovella, coa colaboración da cantante e compositora Marta Arpini. Armados cun beatmaker MPC, guitarras, sintetizadores, batería e un portátil déixanse levar golpeando botóns, parches e pedais.

Segundo eles mesmos contan, Teis Semey e Giovanni Iacovella compartían piso en Ámsterdam, e non tardaron en darse conta de que tamén tiñan que facer música xuntos. O seu primeiro concerto foi “caótico, crú e delicioso”. Así naceu Raw Fish. Despois de cada actuación, o público reacciona con comentarios do tipo «Que loucura», «Foi incrible» ou «Que raio foi iso!».

Tras un dos seus concertos, a banda conseguiu o apoio da plataforma holandesa de mecenado artísitico WeArePublic para lanzar o seu álbum debut, Crudo (Loumi Records). O disco gravouse o pasado 26 de abril e nas últimas semanas foi presentado en festivais da talla do JazzAhead para recalar agora no Canjazz.

Crudo é un álbum curto, pero intenso. O grupo maximiza o tempo de cada tema, destacando a colaboración con artistas como a cantante e compositora italiana Marta Arpini, os saxofonistas David Binney e Nicoló Ricci e o clarinetista baixo Federico Calcagno. O debut de Raw Fish supón a chegada oficial desta sensación underground de Ámsterdam, cun álbum que pide ser escoitado unha e outra vez.

Los Guachos

Ás 23:30h., na Taberna Cambika continua o Canjazz e poderemos gozar de Los Guachos, un cuarteto con gran influencia do folclore sudamericano e o hard bop. A banda está integrada e coliderada polo trompetista arxentino Gabriel Saitto, e os vigueses Guille Guerrero (guitarra), Juan Alonso (contrabaixo) e Juan Guerrero, (batería e irmán de Guille). Poderemos escoitar un repertorio de composicións orixinais e arranxos realizados por todos os seus integrantes. Ao remate do concerto haberá jam session.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.