Comarcas

Este sábado, en Nigrán baixa polo ‘megatobogán’ acuático de 65 metros

E o domingo podes asistir á representación de #2 Pilgrims

O Concello de Nigrán ofrece este sábado, 17 de agosto, unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada.

A estrutura funcionará, de xeito totalmente gratuíto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazada a partir dos 6 anos de idade.

Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.

‘#2Pligrims’

Doutra banda, tamén en Nigrán, pero o domingo 18 de agosto ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, representación da obra ‘#2 Pilgrims’ da compañía Redrum Teatro.

A entrada para esta representación que chega ao municipio da man do programa «O teu Xacobeo» é de balde ata completar o aforo. A obra está enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Así, neste espectáculo viáxase a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas. Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.