Deportes

Noelia Mouriño, bronce no Mundial Sub-17 de Baloncesto, recarga pilas no Porriño

Saudou ao alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañada polos seus pais

Noelia Mouriño, bronce no Mundial Sub-17 de Baloncesto, recarga pilas no Porriño

A veciña de Torneiros, Noelia Mouriño, gañadora do bronce coa selección española de baloncesto no Mundial Sub-17 disputado en México o pasado mes de xullo, visitou o Concello do Porriño, a vila na que empezou a súa carreira deportiva e que a acolleu como veciña. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, recibiron a Noelia e a súa familia para homenaxear á deportista.

Un mundial con sorpresa que bateu as previsións

O Campionato Mundial de Baloncesto Feminino Sub-17 celebrouse en León e Irapauto, México, entre o 13 e o 21 de xullo. Foron 11 días de competición, nos que a selección española non estaba entre as favoritas, e as quinielas as colocaban como quintas. As redes sociais cos seus comentarios pouco alentadores, tampouco frearon ao equipo español, que lonxe de virse abaixo, atopou un motivo máis para loitar ata o final e amosar o mundo enteiro o tesón e o bo traballo de equipo da nosa selección. A medalla de bronce xa está na casa, e Noelia, aos seus 17 anos, xa sabe o que é compartir podio nun mundial con Estados Unidos (ouro) e Canadá (prata).

Do mundial quédome co vivido coas miñas compañeiras de equipo. En cada partido, apoiábamonos entre todas, aínda que nos estivera indo algo mal. Eso foi o que me fixo crecer, sobre todo como persoa”, declara Noelia. “Gracias á miña familia, que viu a México para apoiarme e vivir conmigo esta experiencia. O seu apoio significou moito para mín neses días tan complicados”, engade a deportista.

Noelia, 100% xenuina

Noelia Mouriño, cos seus 17 anos, é un exemplo de tenacidade, constancia, traballo duro, e traballo en equipo. Unha moza que sabe o que quere e como conseguilo. Acaba de rematar 1º de bacharelato e xa pensa no seu futuro, tanto deportivo, como formativo. Á xogadora gustaríalle estudiar Arquitectura ou Enxeñería de Deseño, ao tempo que segue a súa carreira deportiva posiblemente nos Estados Unidos, de onde xa recibe chamadas de universidades que estarían encantadas de becala e contar con ela nos seus equipos. 

Unha carreira deportiva con triunfos, como o recente bronce no mundial Sub-17, e cun futuro moi prometedor para esta ala-pivot que comezou a botar o balón e encestar no Porriño Baloncesto Base cando tiña 6 anos. Aí estivo xogando, disfrutando e aprendendo ata os 14 anos, cando fichou polo clube Siglo XXI para convertirse nunha xogadora profesional. A súa vida cambiou na Residencia de Blume, en Esplugues de Llobregat (Barcelona), onde vive desde entón, coa disciplina dunha baloncestista de alto rendimento, cunhas 3 horas e media de entrenamento diario, estudando bacharelato, e convivindo con mozos e mozas como ela, talentos do noso país en distintas disciplinas deportivas.

Estes días de descanso, volve á súa terra, para estar cos seus país, Ana e Suso, e co seu irmán, Lucas. O que máis lle gusta do Porriño é “estar coa familia e amigos, e a comida caseira da miña nai!”, confesa Noelia.

Para os nenos e nenas que están empezando nun deporte, Noelia recomenda “que traballen duro ao tempo que gocen adestrando, que se divirtan. Logo, cando o deporte se converte no teu traballo, o día a día é máis duro, aínda que sigas pasandoo ben, pero xa doutra maneira”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.