Destacados Vigo al minuto

Luz verde á contratación da construción de 57 vivendas máis de promoción pública, en Navia

Dous edificios con 38 e 19 pisos, respectivamente

Adxudicada, por máis de 7,8 millóns, a construción de 38 novas vivendas de promoción en Navia

O Consello da Xunta deulle luz verde á contratación para construír outras 57 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia. As mesmas contarán cun investimento de 12,8 millóns de euros e estarán destinadas ao alugueiro público.

Dous edificios con 38 e 19 pisos

En concreto, licítanse os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra e de contratación das obras de construción, con técnicas industrializadas e o uso de madeira, de dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción nas parcelas M-IVA-6 e M- IVA-3 do polígono 1.

Máis polo miúdo:

  • Na parcela M-IVA-3 prevese a construción dun edificio para 19 vivendas, garaxes e rochos. Esta parcela ten unha superficie duns 844m2. O plan parcial permite a construción dun inmoble cun máximo de 3 alturas máis ático
  • Pola súa banda, na parcela M-IVA-6 prevese a construción dun edificio para 38 vivendas, garaxes e rochos. Esta parcela ten unha superficie de 1.229 m2 e forma de “L”. O plan parcial permite a construción dun inmoble cun máximo de 3 alturas máis ático.

Estes dous inmobles constitúen a segunda promoción que se executará en San Paio de Navia que incluirá a aplicación de técnicas construtivas industrializadas, despois dos outros dous edificios que albergarán 58 vivendas nas parcelas M-IVB-20 e M-IV22, cuxas obras saíron a licitación o pasado día 19 de xullo.

Estas técnicas permiten axuntar arquitectura con prefabricación, nunha relación que facilita optimizar (en prazo, en prezo, en sustentabilidade, en seguridade e/o en calidade e mellor uso e mantemento durante a vida útil do inmoble) a referida promoción.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.