A Xustiza investiga ao Celta polas verteduras procedentes da cidade deportiva A Fouteza 

O xulgado de instrucción número 2 de Vigo ven de notificar a apertura de dilixencias previas

A Xustiza investiga ao Celta polas verteduras procedentes da cidade deportiva A Fouteza 

O xulgado de instrucción número 2 de Vigo ven de notificar a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas para «investigar o vertido contaminante procedente de A Fouteza, a cidade deportiva da SAD Celta en Mos, xa que aprecia posible delito contra os recursos naturais e o ambiente (PROC. ABREV. 929/2024)».

Así, informan, o auto xudicial é anunciado varias semanas despois de que Ecoloxistas en Acción interpuxera unha denuncia ante o xulgado «solicitando que se abriran dilixencias penais contra a SAD Celta por delito contra o ambiente e contra a saúde pública, polo vertido contaminante procedente das instalacións deportivas do Celta en Mos, que está vertendo residuos sobre os mananciais das traídas veciñais das parroquias mosenses de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda«.

Analítica

Como proba da contaminación se entregaron no Xulgado os resultados da analítica do vertido encargada pola asociación ecoloxista que, subliñan, reflicten unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol. 

«O Concello de Mos recoñece que a tubería procede das instalacións do Celta»

Para a organización ecoloxista as declaracións do alcaldesa de Mos veñen a confirmar a súa denuncia. «O Concello de Mos recoñece xa que a tubería procede das instalacións do Celta e que ademais é un emisario do aliviadero dunha cuba de recollida de pluviais e augas residuais dos regos».

Ecoloxistas en Acción engade que esta auga recollida arrastra materia fecal dos abonos orgánicos e compostos químicos dos plaguicidas utilizados no mantemento dos campos de fútbol. «Cando a cuba se enche, esta rebosa e se alivia a través de tubería que verte no monte.  Isto demostra que o vertido non é inocuo, xa que conten augas resduais contaminantes». Ademais, lembran, a Confederación Hidrográfica Miño Sil confirmou que o vertido carece de autorización e que iniciou un expediente de investigación.

Delito

Para Ecoloxistas en Acción o vertido contaminante procedente da Afouteza «é claramente un delito contra os recursos naturais o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública«. A poucos metros, ladeira abaixo, do vertido atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse, se non o están xa, aseguran dende a ONG.

Así, advirten, a infltración nos manancias de productos contaminantes pode afectar ás persoas e terse que clausurar as captacións de auga deixando a miles de fogares sen auga de boca. Sinalan que no caso de Mos, o Concello carece dun servizo municipal de subministración de auga ás casas co que suplir a clausura das captacións veciñais e particulares.

Prevaricación

Así mesmo, os ecoloxistas sinalan o «posible delito de prevaricación que pode estar cometendo a alcaldesa de Mos ao negarse a clausurar o emisario dos vertidos de A Fouteza, a pesar de ser coñecedora da súa ilegalidade». 

Ecoloxistas en Acción insisten en que puxeron toda a información que teñen a disposición do Concello de Mos. «Porén o Concello non actuou para atallar este problema», aclara o seu coordinador local, Xaquín Pastoriza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.