Galicia

A UNED do Porriño estrea este curso o Grao de Dereito

O prazo de matrícula xa está aberto e pode facerse íntegramente vía on line, mira como

A UNED do Porriño estrea este curso o Grao de Dereito

A Xunta Rectora da UNED de Pontevedra vén de aprobar por unanimidade que a aula Uned do Porriño imparta un novo grao universitario. O Grado de Dereito súmase aos de Traballo Social e o de Socioloxía, permitindo que a veciñanza poida estudar na vila tres carreiras universitarias.

Aberto o prazo de matrícula

O prazo de matrícula xa está aberto e as persoas que se queiran matricular en calquera dos cursos deste grao xa poden facelo no Porriño. “Unha gran nova e unha gran oportunidade para moitos veciños e veciñas que queren cursar estudos universitarios e non teñen a posibilidade de desprazarse”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, agradecendo “á UNED de Pontevedra a súa disposición sempre a atender as nosas demandas e ampliar a súa oferta na nosa vila,  abrindo camiños e horizontes para os porriñeses e para o pobo”.

Na actualidade xa hai seis persoas matriculadas en graos na aula do Porriño, unha cifra que seguro se ampliará notablemente coa oferta de Dereito, unha carreira con moita demanda.

O proceso de matriculación na UNED é totalmente online a través da súa páxina web https://app.uned.es/portal/admision-matricula-por-internet.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.