Comarcas

Esgotadas en 15 minutos as prazas para as rutas previstas en agosto no programa“+Bosques”

Se desenvolverán por espazos naturais de Bueu, Covelo, A Illa de Arousa, Marín, Vilaboa, Poio e Pontevedra

Esgotadas en 15 minutos as prazas para as rutas previstas en agosto no programa“+Bosques”

A Deputación de Pontevedra esgotou todas as prazas dispoñibles para as rutas do programa provincial “+Bosques” do mes de agosto. Tras abrir o prazo de inscrición este luns ás 09:00 horascomo informáramos en vigoalminutoen menos de 15 minutos xa se pechara a lista de persoas para participar nas nove rutas previstas, que se desenvolverán por espazos naturais da provincia situados nos concellos de Bueu, Covelo, A Illa de Arousa, Marín, Vilaboa, Poio e Pontevedra.

Dende o vindeiro 3 de agosto

Os percorridos da iniciativa, que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas
participantes gozar das vantaxes dos “baños de bosques”, comezan en agosto o sábado 3 no río Xabriña
(Covelo).

Continuarán:

  • o domingo 4 no río Almofrei (Pontevedra)
  • sábado 10 no Carreirón (A Illa de Arousa),
  • domingo 11 en Cabo Udra (Bueu)
  • sábado 17 no na Illa de Tambo (Poio)
  • domingo 18 e o domingo 24 no Lago Castiñeiras,
  • domingo 25 na Illa de Tambo (Poio) e o
  • sábado 31 no río Xabriña (Covelo)

En total, entre xuño e outubro ofertaranse 40 itinerarios que tamén pasarán polo Pazo de Lourizán (Pontevedra), visitando en total sete espazos tanto da costa como do interior que permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade da provincia.

Setembro

No mes de setembro “+Bosques” continuará con saídas que terán lugar:

  • o día 1 no río Almofrei
  • días 7 e o 29 no Lago Castiñeiras,
  • día 8 no río Xabriña,
  • o 14 e o 28 no Pazo de Lourizán
  • o 15 na Illa de Tambo,
  • 21 no cabo Udra e
  • o 22 no Carreirón

Para estes itinerarios as inscricións abriranse o 19 de agosto ás 09:00 horas a través do formulario que se poderá atopar na web da Deputación. Quen cubra o formulario poderá anotarse cun máximo de tres acompañantes.

Unha vez se reciban as 15 primeiras inscricións por itinerario pecharase o percorrido e crearase a lista de agarda, para a que tamén é necesario realizar inscrición. Só está permitido realizar cada ruta unha vez e as persoas beneficiarias deberán desprazarse ata o punto de encontro de inicio do percorrido polos seus propios medios.

As rutas proporcionan ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. Promóvese a estimulación sensorial a través dos cinco sentidos, con exercicios físicos e psicolóxicos para comprender,
entender e fortalecer os lazos co medio natural.

Xornada de degustación de cociña silvestre

O peche do programa “+Bosques” será unha xornada de degustación de cociña silvestre, que se contempla para novembro unha vez rematados os percorridos. Esta actividade, de tres horas de duración, está aberta a todas as persoas participantes nos preto de 40 “baños de bosque” organizados pola Deputación e consistirá nunha recollida de froitos e vexetais silvestres comestibles dos bosques da provincia de Pontevedra, coa súa respectiva identificación e degustación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.