Cultura

Preto de 640 persoas participan nas 10 saídas do ‘Plan +Convivencia’

160 delas integrantes de asociacións de Vigo

Mira como puedes viajar gratis a Cíes o San Simón, el Día de la Madre

Preto de 640 persoas de 10 entidades diferentes da provincia gozarán nos vindeiros días de saídas ao abeiro do programa “+Convivencia” da Deputación de Pontevedra, que ofrece a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación.

Trátanse de asociacións de cinco concellos (Moaña, Redondela, Vigo, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa)
que descubrirán lugares como Portonovo, as illas de Ons e Sálvora, Salvaterra de Miño, Arbo, o lago
Castiñeiras ou, entre outros, o Castelo de Sobroso.

O xoves, dende Vigo

As saídas arrancarán este xoves, 4 de xullo, con dúas entidades de Vigo. Por unha banda, 108 persoas da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) visitarán o Parque A Canuda, en Salvaterra de Miño, e o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, en Arbo, e, pola outra, 50 persoas da Asociación Son das Flores pasarán unha tarde de verán en Vilaboa e o Lago Castiñeiras.

Sábado, día 6

Os percorridos continuarán o sábado, 6 de xullo, coas actividades de cinco asociacións diferentes. Neste
caso, 57 persoas da Asociación Xubilados e Pensionistas Santa Eulalia de Meira, de Moaña farán unha ruta en barco e de Portonovo; 80 usuarias da Asociación de Mulleres Poza da Moura de Domaio, tamén en Moaña, visitarán o Dolmen de Chan de Arquiña; 52 persoas da Asociación de Veciños de San Pedro de Sárdoma “O Carballo”, de Vigo, visitarán a Illa de Ons, a onde tamén irán 53 usuarias da Asociación de Mulleres Rurais “As Aceñas” de Vilanova de Arousa, e 50 persoas da Asociación de Veciños Nosa Terra de Alcabre, de Vigo, visitarán as illas de Sálvora e Ons.

Domingo, 7

O domingo 7 de xullo será a quenda de dúas novas asociacións: 75 persoas do Centro Social Centro
Sociocultural Vilar de Infesta, en Redondela
, viaxarán á Illa de Ons e 52 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Loño, de Vila de Cruces, percorrerán O Grove, a Illa da Toxa e Portonovo.

Martes, 9

Por último, o vindeiro 9 de xullo 60 usuarios da Fundación Juansoñador, de Vigo, poderán desfrutar do Castelo de Sobroso e á praia fluvial de Maceira, en Covelo.

O programa “+Convivencia”, que está dotado con 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. Oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da

provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro,
permanecerá aberto ata o 1 de decembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.