Galicia

‘Fariña’ terá que retirar unha escena sexual de Oubiña

E pagarlle unha indemnización de 15.000 euros

A Audiencia Provincial de Pontevedra vén de estimar parte da demanda interposta polo ex narco Laureaño Oubiña contra Atresmedia, Bambú Producións e Netflix. Así o indica unha sentenza da Sección 3ª de data 25 de xuño, que resolve o recurso de apelacion contra a sentenza do Xulgado de 1ª Instancia número 3 de Vilagarcía de Arousa.

Así, os xuices estiman que as entidades demandadas vulneraron o dereito á intimidade persoal de Oubiña nunha escena de contido sexual coa súa muller na serie ‘Fariña’. O tribunal apreza que non está xustificada por «a liberdade creativa innegable dos creadores e produtores».

Por tanto, debe retirarse da serie e suprimir as imaxes das plataformas de Antena 3 e da súa web. Así mesmo, Atresmedia, Bambú e Netflix teñen que indemnizar a Laureano Oubiña con 15.000€ -reclamaba 1,5 millóns-.

Innecesaria intromisión e lesión na intimidade

Así, os maxistrados consideran que nesta escea hai «unha innecesaria intromisión e lesión na intimidade de Laureano Oubiña, ao plasmar un ámbito familiar, a súa relación de parella, reservado e non exposto sobre o que o seu personaxe público non se proxectaba e no que a ficción e trama da obra, no seu aspecto creativo, non precisaba entrar».

Ademais a Sala entende que a faceta pública de Oubiña non alcanza á súa privacidade, xa que «non a expuxo» e, por tanto, a súa condición de personaxe público «non necesariamente habilita ao acceso á súa vida privada, de parella e doméstica».

Rexeita todas as demáis demandas do ex narco

Esta é a única das demandas do ex narco que atenderon os xuíces, rexeitando todas as demais contra ‘Fariña’, como fixera o Xulgado de 1ª Instancia explicando que estamos ante «un fío argumental de ficción, que atopa apoios en circunstancias reais, aínda posteriores, sen afastarse maiormente». 

«En todo caso, o que expón a serie, do que parte e pon sobre a mesa do espectador é, con carácter xeral, a consabida problemática do tráfico de drogas e a situación en Galicia no lapso temporal que presenta, mesturando feitos reais con ficción narrativa e creación artística, sen que a repercusión ao señor Oubiña, identificado nela, sexa moi distinta da que el mesmo e as súas condutas deparáronlle en relación a ese momento«, destaca a sentenza. Esta non é firme e contra ela aínda pode interpoñerse recurso.

Laureano Oubiña estivo na cadea 22 anos, ininterrumpidos, dende 1990 a 2012, logo de ser condenado por distintos delitos de tráfico de drogas e blanqueo de capitais

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.