Comarcas

‘Operación Triunfiño’ regresa a Tomiño

Aberto o prazo de inscrición

Tomiño quenta micros para acoller unha nova edición de ‘Operación Triunfiño’, «unha experiencia de formación musical única dirixida a toda a mocidade tomiñesa interesada en achegarse ao mundo da canción e seguir aprendendo da man de profesionais«.

Técnica vocal con Mónica de Nut

Tras o éxito das dúas primeiras edicións, a OMIX de Tomiño pon en marcha un novo encontro no que a rapazada se formará a carón da artista Mónica de Nut a través dun completo programa en técnica vocal no que aprender a desenvolver a súa actitude escénica e ampliar o seu repertorio, fomentando o talento local e brindando unha oportunidade a novas promesas.

Cando?

A formación realizarase do 9 ao 12 de xullo na Praza Cultura de Goián, en total 15 horas de aprendizaxe distribuídas en catro sesións en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas. O proxecto rematará cun gran concerto final o domingo 14 de xullo ás 12.00 horas na carballeira do Auditorio Municipal no que a rapazada amosará ao público xeral todo o aprendido durante a súa formación.

Como destaca a alcaldesa, Sandra González, “trátase dunha experiencia formativa coa que estimular o crecemento e desenvolvemento artístico da nosa mocidade. Para nós é un orgullo brindar aos novos talentos unha plataforma que non só lles permita seguir aprendendo e achegarse dun xeito máis profesional á música e á canción, senón que tamén lles dá visibilidade. Sen dúbida será unha experiencia moi enriquecedora para todas e todos os participantes”.

A formación terá un prezo de 15 euros e as persoas interesadas xa poden inscribirse a través do formulario habilitado na web municipal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.