Comarcas

O Porriño comeza co asfaltado en Fernández Areal e nas parroquias de Cans e Atios

A inversión inicial é de 150.000 euros

O Porriño comeza co asfaltado en Fernández Areal e nas parroquias de Cans e Atios

O Porriño invertirá máis de 150.000€ en renovar o asfalto de varios viais do centro urbano e das parroquias de Cans e Atios.

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación os traballos de reposición do firme nas rúas Fernández Areal, Pego  e Fontevella e de viais en Cans, Roupeiro e As Cavadas. As empresas interesadas en executar estes traballos, que contan con financiación provincial, ao abeiro do Plan + Provincia 2024, xa poden presentar as súas ofertas. 

Fernández Areal

Na rúa Fernández Areal acometerase a reconstrución da capa de rodadura, “algo moi demandado pola veciñanza na actualidade o pavimento asfáltico atopase en mal estado de conservación e a súa degradación vese cada vez máis acelerada”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Trátase dun vial cun importante tráfico rodado, xa que enlaza o centro da vila co Centro de Saúde, o pavillón municipal e outros servizos”, continuou. Esta intervención esténdese aos camiños Fontevella e Pego.

A actuación conxunta abarca unha superficie de 570 metros de lonxitude e un ancho medio de 6,5 metros, polo que a superficie de actuación abarcará os 3.700 m2. Estas actuacións compoñen o primeiro lote dos traballos que conta cun orzamento base de 105.545€.

Atios e Cans

Doutra banda, intervirase nas parroquias de Atios (Cavadas e Roupeiro) e Cans, onde se levarán tamén melloras do firme, que inclúen en algúns puntos ampliacións de calzada. obras por realizar consisten en la mejora del firme.  

En As Cavadas repoñerase o firme nun tramo de 164 metros, cunha superficie de de capa de rodadura de 767m²; no Roupeiro actuarase nun tramo de 224 metros, previo fresado, e cunha superficie total de intervención de 1.581 m² e en Cans renovarase un tramo de 99 metros, cunha superficie da capa de rodadura es de 374m². Será necesario ampliar 66m2 de calzada e a colocación de 31 metros de bordillo de formigón. Estes traballos contan cun orzamento base de 47.915€.

«Chegaremos a todos os viais»

“Son moi consciente da necesidade de levar a cabo reparacións en moitos viais do municipio, a falta de conservación e mantemento durante anos fixo estragos, pero chegaremos a todos e cada un deles. A mellora da rede viaria é un dos meus compromisos e seguirá a selo”, concluíu o alcalde

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.