Cultura

A Kv2211 celebra o ‘Día da Música’ cun concerto no Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Este domingo ás 12:00h.

A Kv2211 celebra o 'Día da Música' cun concerto no Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211 festexa o Día Europeo da Música, –que oficialmente é hoxe 21 de xuño–, cun concerto no Auditorio do Concello de Vigo, o domingo 23 de xuño ás 12:00 horas. Neste tradicional concerto de verán estará dirixida por Raquel Fernández e ten como director convidado a Ernesto Díaz, e que interpretará un repertorio baseado na música cubana, cheo de ritmos e adaptado para orquestra de cordas.

O mestre convidado da OXErnesto Díaz Vega, pon en valor o gran traballo realizado por estes mozos e mozas para interpretar un repertorio de gran dificultade. «A música cubana destaca polos ritmos e neste caso, o repertorio ten o reto de que ditos ritmos foron incluídos na Orquestra de Cordas. O mestre Guido López-Gavilán, autor dalgunha das pezas que imos interpretar foi quen de integrar a música tradicional neste tipo de agrupacións; é a parte máis destacada e difícil do repertorio», explica o director convidado da OX, Ernesto Díaz.

Pola súa banda, a Orquestra Infantil, baixo a dirección de Raquel Fernández, abrirá o concerto, cun repertorio ameno e divertido enfocado aos máis cativos e a un público familiar.

Este concerto polo Día Europeo da Música, forma parte da programación musical da Orquestra, o próximo terá lugar o luns 24 de xuño. A Orquestra Infantil e o Ensemble de Chelos da Kv2211, actuarán na Porta do Sol no marco do «Tac! Festival» que se está a festexar ata o mes de xullo con diversas actuacións.

Incorporación de novos membros

A Orquestra mantén aberta a incorporación de novos membros –instrumentistas de corda de entre 7 e 22 anos de idade– para comezar no mes de setembro con novas pezas. Todos os interesados en formar parte da Orquestra Kv2211 poden remitir un mail a [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.