Comarcas

Os escaparates dos comercios de Redondela tínguense de cor azul

Os clientes poderán votar a mellor decoración e participar en sorteos de tarxetas regalo

Os escaparates dos comercios de Redondela tínguense de cor azul

A Asociación de Empresarios de Redondela pretende impulsar a presenza da campaña dos días azuis a través dun concurso de decoración comercial. No mesmo, a clientela poderá votar as decoracións realizadas polos comercios participantes que se identifican con hortensias azuis.

Votación dixital

Durante a campaña os comercios poderán ir preparando as súas decoracións para participar no concurso e terán de prazo para presentar as fotografías dos seus escaparates ato o 21 de xuño. A partir do 25 de xuño a asociación activará un sistema de votación dixital para que a clientela vote o seus escaparates favoritos.

Sorteo de tarxetas regalo

Ata o 30 de xuño a clientela poderá rexistrar as compras que realice no comercio local para participar no sorteo de tarxetas regalo de 250€ e 150€. Un importe total de 20.000€ en premios repartiranse en tarxetas prepago para mercar no pequeno comercio de Galicia. Esta campaña, que está coordinada pola Federación Galega de Comercio en colaboración coas asociacións locais, «chega a toda Galicia grazas ao financiamento da Xunta».

Achega da Deputación de Pontevedra

Tamén en relación con Redondela, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou destinar 2,4 millóns de euros para que oito concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do ‘Plan +Provincia’ e un noveno afronte gasto corrente ao abeiro da liña 2.

No caso de Redondela o organismo provincial destinará 102.788€ para o retranqueo da CT 250 KVA no ámbito do proxecto da estrada e redes de abastecemento e pluviais, dos camiños Baixada á Estación e do Cairo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.