Galicia

Comezan as obras dun novo aparcadoiro na humanización da Avenida de Galicia, en Teis

A obra pretende acabar con 316 prazas de estacionamento, en total

A Xunta vén de iniciar este luns as obras dun aparcadoiro adicional con 17 prazas máis que se sumarán ás xa habilitadas, e tamén en execución, no marco da 2ª fase da humanización da Avenida de Galicia, en Teis.

O avance das obras desta 2ª fase, no treito de algo máis de 1,5 km, entre o IES e o límite co concello de Redondela, orzamentadas en 4,1 millóns, permitirá habilitar 3 zonas de aparcamento, téndose xa postas en servizo unha delas. Ademais, os traballos abranguen conexións coa trama urbana de beiravías
existentes e con itinerarios alternativos, como a senda da Vía Verde.

Actuacións

A humanización inclúe a reposición de pavimento dos itinerarios existentes, a execución de zonas de aparcadoiros e a habilitación de pasos peonís sobreelevados nas interseccións que permitan a interconexión con outros itinerarios peonís. Nas zonas onde o espazo dispoñible o permite disporase arborado.

Aparcadoiros

En canto aos novos aparcadoiros incluídos nestas obras executaranse tres novas zonas cun total de 198 prazas, o que unido ás prazas que se conservarán nas marxes da estrada, implica que haberá un total de 316 prazas no ámbito da obra.

Esta 2ª fase de humanización da Vvenida de Galicia completará as actuacións executadas na 1ª fase no treito de 500 metros que vai desde a avenida da Mariña Española ao IES de Teis,

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.