Destacados Vigo al minuto

O teléfono 010 do Concello de Vigo empezará a ser gratuíto no mes de xullo

Pasa a prestar este servizo unha empresa privada

O teléfono 010 do Concello de Vigo empezará a ser gratuíto no mes de xullo

O teléfono 010 do Concello de Vigo será gratuito dende o mes de xullo. A Xunta de Goberno adxudicou a contratación do servizo integral de telecomunicacións municipal, é dicir, os servizos de telefonía a internet. Unha UTE de Telefónica é a empresa adxudicataria dun contrato que conta cun orzamento de 2,9 millóns e un prazo de 4 anos cunha posible prórroga dun ano.

Según o alcalde, esta concesión permitirá que os veciños deixarán de pagar 77.000€ ao ano no seu recibo telefónico por estas chamadas– das que pasarán a facerse cargo as arcas municipais- que «suporá unha mellora importantísma na relación entre o Concello e a cidadanía».

Axudas para a mellora de campos de fútbol privados

Así mesmo, o Goberno municipal aumentará as axudas para realizar melloras en instalacións de campos de fútbol de titularidade privada, que realizan «actividades de interese para a cidadanía de Vigo» servirán para financiar un máximo do 75% das actuacións que realicen.

Se trata, maioritariamente, de campos de herba artificial, cun período de uso de 8 a 10 anos e que a partir de aí teñen que ser substituídos e as axudas poden solicitarse nun prazo de 20 días, a partir da publicación da convocatoria do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia

Ademais, o Goberno Municipal adxudicou á Asociación de Mulleres Progresistas o contrato do Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia por importe de 412.000 euros.

O obxectivo do mesmo é facilitar o coidado temporal dos menores de 12 anos que quedan sós mentres as súas nais están traballando e potenciar a inserción no mundo laboral das nais en situación de vulnerabilidade social..

Este servizo de axuda a infancia na casa inclúe a mulleres que son vítimas de violencia machista e, por tanto, facilítalle a actividade laboral conciliada coa familiar e a atención aos seus fillos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.