Comarcas

Denuncian que o Goberno de Redondela perdeu outros 50.000€ de subvencións

Digna Rivas suma xa máis de 2 millóns perdidos en axudas

A oposición no Concello de Redondela vén de denunciar que o Goberno local perder, de novo, unha subvención «ao non executar nin xustificar unha obra a tempo». Nesta ocasión trátase dunha subvención por importe de 50.097,81 euros que lle foi concedida xa fai un ano por Agader (Xunta de Galicia).

Esta cantidade estaba destinada á pavimentación e mellora dos Camiños Das laxes e Carreiro da Auga, en Reboreda por un importe de 17.329 € e do Camiño Real Laredo, en Chapela por importe de 43.377€. «Os tres camiños se atopan nun estado de deterioro moi importante».

Un ano para facer as obras

O ex alcalde, Javier Bas, subliña que a Xunta lle deu case un ano de prazo para facer a obra e o goberno de Digna Rivas «foi incapaz de executala». Bas alerta do feito de que, «unha vez mais Redondela perda financiación de outras administración e mais neste momento no que as contas se atopan nunha situación moi alarmante, con importantes débedas aos provedores e incumprindo todos os indicadores económicos de solvencia como a periodo medio de pago ou a regra de gasto».

Xa perdera outra subvención de 500.000€

En concreto, o líder dos populares redondeláns, lamenta que o Goberno local continúe perdendo axudas doutras administracións e organismos e subliña que os verdadeitos pèrxudicados son os veciños e veciñas. Refírese en concreto a 500.000€ en dúas subvencións de 299.000€, e de 135.000€ restantes, como xa denunciara en marzo deste ano.

Máis de 2 millóns en total

A estos 500.000€, que perdeu o Goberno Municipal pola súa preguiza e falla de xestión, hai que engadir outros 141.478€ destinados a proxectos de separación y reciclado en orixe de biorresiduos mediante compostaxe; ademáis da axuda destinada a proxectos de implantación ou mellora da recollida separada de aceite de cociña usado; outra para proxectos de implantación da recollida separada da fracción de residuos téxtiles dos residuos municipais; unha cuarta para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos, por importe de 66.394€, que suman en conxunto 207.872€.

Estas cantidades, son apenas unha porcentaxe de todas as que deixou fuxir Digna Rivas, posto que, lembran dende o PP, hai que engadir 1.400.000€ de subvención para a Praza de Abastos 50.000€ para o Pavillón de Reboreda e unha parte importante dos Fondos Europeos conseguidos polo goberno anterior.

Lamentable

Para Javier Bas, que hai uns días reiterou a necesidade de que Digna Rivas deixe a Alcaldía, «é lamentable o estado dos camiños, pero aínda é mais lamentable que dándolle a Xunta a financiación para mellorar a situación de tres camiños, este goberno teña que devolver os cartos porque non é quen de executar a obra en tempo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.