Comarcas

Verónica Tourón, ex alcaldesa de Salceda, deixa a Corporación

Por motivos profesionais, logo de 9 anos como concelleira

A ex alcaldesa de e voceira do grupo municipal socialista no Concello de Salceda, Verónica Tourón, presentou oficialmente a súa renuncia como edil da corporación municipal.

Esta renuncia, explica o PSOE nunha nota, responde a unha decisión persoal. “A miña firme convicción de que as persoas que nos dedicamos á política deben renovarse nos cargos públicos e creo que é o momento de dar paso a novas persoas nunha transición sosegada, tranquila e con total apoio aos novos compañeiros que formarán o grupo municipal nesta lexislatura”. Por outra banda, conclúe, «actualmente estou inmersa nun novo proxecto profesional que require plena dedicación».

A executiva local, na que Verónica Tourón seguirá como secretaria xeral trasladou o agradecemento ao traballo realizado pola ex-alcaldesa durante os 9 anos que desempeñou o cargo de concelleira, tanto no seu inicio como voceira do grupo municipal na oposición, e sobre todo na última lexislatura na que Verónica Tourón foi a primeira alcaldesa socialista de Salceda.

Comezan os traballos para cambiar máis de 2.700 lámpadas a tecnoloxía LED

Tamén en Salceda, e logo da obtención da «maior subvención da historia do noso Concello», por importe de 1.500.000€ para o cambio de 2.780 luminarias de tecnoloxía LED, esta semana veñen de comezar os traballo de execución nas nosas parroquias.

Con esta importante inversión, subliña a alcaldesa, Loli Castiñeira, «conseguiranse importantes obxectivos», entre eles:

  • Mellora da calidade lumínica e maior seguridade viaria e peonil.
  • Aforro dun 63% no consumo enerxético.
  • Coidado do medio con menor contaminación.
  • Eliminación de puntos negros por falla de alumeado público.
  • Reparación e/ou substitución de cable danado.
  • Mellora do alumeado en espazos e instalacións públicas (Parque e Campo de fútbol da Gándara, Área Recreativa do Regueiro).
  • Novas redes de alumeado (Urbanización O Regueiro, contorna do IES Pedras Rubias).
  • Mellora no alumeado de puntos de interese como Centros Culturais ou Igrexas parroquiais.
  •  Instalación dun sistema de telexestión con redución da intensidade nas horas centrais da noite.
  •  Substitución dos 53 cadros de mando do Concello.

«As obras realizaranse segundo a tipoloxía de luminarias por tramos que se irán alternando ao longo de todo o Concello durante os catro meses e medio que dura o proxecto». Así, as zonas nas que se actuará de xeito inmediato son:

  • 1. Budiño: Urgueira e O Barral                          
  • 2.  Soutelo: Igrexa e Sobredo                  
  • 3. A Picoña: Carballeira e A Fraga
  • 4.- San Xurxo: Bouzavedra
  • 5.- Santa María: A Feira    

      

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.