Galicia

Hosteleiros de Redondela cifran en 50.000€ as perdas polo incendio durante a Festa da Coca

En horas, mercadoría, soldos e no feito de que os clientes marcharon sen pagar

Hosteleiros de Redondela mantiveron unha reunión na que cuantificaron en máis de 50.000€ as perdas polo incendio que se produciu durante a Festa da Coca. Así, tras analizar as condicións dos seguros, salvo os casos nos que houbo perdas por danos emerxentes nos que xa se fixeron as oportunas reclamacións e peritaxes, «atopámonos que as pólizas non contemplan a cobertura do lucro cesante para a tipoloxía dos feitos causantes que deron lugar a falta de subministración eléctrica».

Axudas do Concello

Á vista deste feiro, a Asociación Local de Empresarios, logo da convocatoria da Comisión de Hostalaría, propón ao Concello manter unha xuntanza para abordar «medidas de axuda e compensación para as empresas afectadas».

«Perda de cartos e de tempo»

Para os afectados o incendio causou unha «perda de cartos e de tempo». Así, se o suceso se producise nun día normal, «o impacto sería menor e non o notaríamos tanto na facturación». Neste caso «durante as festas xa é necesario facer cadros especiais para o persoal con horas extras porque hoxe resulta imposible
encontrar persoal e aínda ter que estar parados durante horas esperando o reestablecemento do servizo que non logrou chegar a tempo de salvar a noite, cando inicialmente se nos dixera que nunha hora estaría todo arranxado».
Consideran que tivera sido mellor pechar dende o principio que estar horas esperando.

Clientes que marcharon sen pagar

Os afectados subliñan que para atender a previsible maior demanda durante os concertos das festas, «fixemos unha maior inversión e agora temos os almacén con mercadoría inmobilizada durante máis tempo, pero aos provedores hai que pagarlles aínda que non a teñamos vendida. No caso das mercadorías perecedoiras e os elaborados xa tivo que ser todo desbotado e aínda é peor”.

A todos estes feitos súmase un máis:os clientes marcharon sen pagar. Así, «o incendio converteuse nun
espectáculo e moitos dos clientes da terrara levantáronse e marcharon sen pagar, algo insólito”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.