Destacados Vigo al minuto

Rueda e Caballero cara a cara o día 25

Será o primeiro encontro entre o alcalde de Vigo e o presidente da Xunta , en 9 anos

El Concello exige a la Xunta que le entregue las llaves de los antiguos juzgados

O presidente da Xunta e o alcalde de Vigo manterán unha xuntanza o vindeiro martes 25 de xuño. Será a primeira vez en 9 anos que o Abel Caballero manteña unha reunión cun xefe do Goberno galego- a derradeira fora en 2015 con Feijóo-.

«Escoitarei ao alcalde, e o alcalde escoitarame a min tamén»

Alfonso Rueda agarda que sexa un encontro construtivo no que «desde logo, eu escoitarei ao alcalde, e o alcalde escoitarame a min tamén» porque, comentou na rolda de prensa posterior ao Consello de hoxe, «hai moitas cousas que a Xunta quere facer en Vigo e até agora non foi posible». Así, o presidente subliñou que a súa intención es falar co alcalde de Vigo sen intención de crispar, buscando o acordo e sen crear ningún tipo de ambiente antes.

O alcalde exporá as demandas de Vigo dos últimos 15 anos

Pola súa banda, Abel Caballero remitiu hoxe unha carta a Alfonso Rueda na que indica que agarda que o encontro «sexa frutífero para que Vigo reciba o trato que corresponde á primeira cidade de Galicia»

Posteriormente, na habitual nota de audio enviada aos medios- sen posibilidade de preguntas- o alcalde apuntou entre os «moitos» temas a tratar, a retirada da candidatura de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade presentada pola administración galega para bloquear; a posta en marcha da Área Metropolitana; as escolas infantis e centros de día «que a Xunta obriga a pagar ao Concello de Vigo«; o feito de que o Goberno de Galicia escatime os fondos europeos a Vigo; a oposición» de Xunta á Biblioteca do Estado; novos aparcadoiros gratuitos no Cunqueiro, ou que se ceda chan ao Concello para que os faga; a humanización dos viais autonómicos na cidade; a cooperación na reforma de Balaídos ou o túnel de Beiramar.

Declaracións do alcalde sobre a reunión con Rueda

Caballero subiña que na reunión vai plantexar as demandas de Vigo dos últimos 15 anos e o «maltrato permanente» da Xunta que nese tempo so fixo a Cidade da Xustiza.

E ademais:

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.