Comarcas

O xulgado declara nula e revoca a contratación da persoa de confianza do BNG de Redondela

Logo da denuncia interposta pola oposición

O xulgado nº 2 de Vigo ven de ditar sentenza sobre o recurso contencioso –administrativo interposto polo Partido Popular de Redondela onde se denunciaba a contratación dunha persoa de confianza para o BNG, «a cambio do voto a favor do Bloque para poñer a Digna Rivas como Alcaldesa», sinalan os populares redondeláns.

Non traballa para o Goberno municipal

A sentenza, engaden, recoñece que os cargos de confianza deben traballar para o goberno e neste caso incúmprese este requisito xa que «Elsa Quintas, persoa contratada para desempeñar este cargo, non traballa para o goberno senón que traballa para o Bloque Nacionalista Galego como recolle a propia designación do posto: “persona dedicada al BNG».

Dende a aprobación deste acordo plenario, apoiado por PSOE, BNG e AER, o Partido Popular amosou o seu rexeitamento anunciando no Pleno que recurriría á vía xudicial ante un «acordo que afectaba aos
veciños de Redondela xa que cos seus importos estábase financiando unha persoa que ía traballar para un partido político»
.

«A cambio do voto do BNG»

Todo isto, subliñan os populares redondeláns, «a cambio de que os concelleiros nacionalistas levantasen a man para poñer a Digna Rivas de alcaldesa de Redondela». Así, «con este acordo, Digna Rivas mercou o seu sillón cos cartos dos redondeláns e o Partido Popular non podía calar ante esta aldraxe”.

A sentenza declara no seu ditame, engaden dende o PP de Redondela, a disconformidade a dereito desta contratación anulándoa e revocándoa quedando polo tanto sen efecto.

Dende o Partido Popular mostran a súa «satisfacción» ante dita sentenza que recoñece o que este grupo viña denunciando e «supón un aforro de mais de 56.000 euros para as arcas municipais nun momento no a situación económico-financiera do Concello é moi delicada».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.