Galicia

Un cento de mozos participarán nas Cíes nun campo de voluntariado internacional

Os meses de xullo e agosto no norte da Illa de Monteagudo

Un cento de mozos participarán nas Cíes nun campo de voluntariado internacional

Un cento de mozos e mozas participarán este verán, nas Cíes, nunha nova edición do campo de voluntariado internacional que promove o Goberno de Galicia neste espazo. Baixo o lema ‘ O teu mellor verán’, oferta máis de 11.500 prazas en actividades de lecer.

Como explicou a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, o emprazamento das Illas Cíes acollerá durante os meses de xullo e agosto cinco quendas desta actividade que se levará a cabo nas instalacións da zona norte da illa de Monteagudo.

Nestes meses, os participantes, chegados do estranxeiro e outras comunidades autónomas, «participarán xunto con rapazada galega nun campamento de carácter ambiental». No mesmo, primarán os “valores de respecto, conservación e protección do patrimonio natural” , xa que os voluntarios e voluntarias,
con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, realizarán tarefas de carácter medioambiental que serán compaxinadas con actividades de lecer e deportivas.

44 campos de voluntariado por toda Galicia

En total, a campaña deste ano de Xuventude para os meses de verán oferta 695 prazas nos 44 campos de voluntariado, dos cales corresponden 14 á provincia de Pontevedra: Gándaras de Budiño (O Porriño); Aldea Alfacuca (Mos); O Camiño Portugués pola costa (Oia); Tradición en verde (Lalín); Salvemos o mar (Vilanova de Arousa); Rural influencers (Cerdedo-Cotobade); A terra que habita no mar (O Grove), Costa azul (Poio); ReseTea Ponteareas (Ponteareas) e as cinco quendas en Cíes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.