Galicia

Adxudicado o servizo de transporte sanitario urxente da Área de Vigo

Por un período de 6 meses, prorrobable por 3 máis

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, vén de adxudicar o servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo á empresa UTE Emergencias Sanitarias-Saluser 2024. O novo contrato fixa a entrada en vigor para a prestación do servizo o 1 de xuño.

A adxudicación, que se tramitou polo procedemento de emerxencia, será polo prazo necesario para que a Consellería de Sanidade, a través do 061 Galicia, licite un novo contrato por procedemento aberto e establece unha duración estimada do contrato de seis meses, coa posibilidade de prórroga por un máximo doutros tres.

Servizo esencial para a poboación

Deste xeito, «garántese» a prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo, que comprende os concellos de Vigo, Cangas do Morrazo e Moaña, un «servizo esencial para a poboación que debe seguir prestándose», logo da comunicación da actual empresa da imposibilidade de continuar coas súa prestación.

O importe da adxudicación ascende a 2.901.947€, IVE exento. Está prevista a posible prórroga, por un período de tres meses, cun importe de 1.380.169,82€.

«A Consellería de Sanidade trata de axilizar a contratación deste servizo esencial coa maior brevidade, para seguir a cumprir co seu compromiso coa eficacia, a eficiencia e a calidade desta actividade sanitaria asistencial para a poboación», sinalan en unha nota.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.