O AVE directo desde Vigo a Porto e Lisboa, en 2032

O ministro portugués de Infraestruturas garante a «prioridade» desta conexión

O AVE directo desde Vigo a Porto e Lisboa, en 2032

Poderemos ir en AVE de Vigo a Porto e Lisboa no ano 2032. Isa é, cando menos, a previsión do Goberno de Portugal. Nun encontro co presidente da Xunta, o ministro luso de Infraestruturas ratificou a «prioridade» da conexión de alta velocidade con Galicia.

E esta ben que Miguel Pinto teña feito esta declaración posto que, meses atrás, a intención do seu partido era centrarse na conexión Lisboa -Madrid, tal e como o anunciara o actual primeiro ministro e direxentes destacados do Partido Popular español.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reúnese co ministro portugués das Infraestruturas e Habitação, Miguel Pinto Luz, na sede do ministerio en Lisboa, 23/5/24.

“Estou moi tranquilo e moi satisfeito porque o goberno de Portugal confirmounos que mantén esta intención”, destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao remate da entrevista. Así o xefe do Goberno galego amosou a ledicia por manter este encontro, que para «é unha demostración do gran momento de diálogo que mantén Galicia e Portugal«. Un diálogo que, subliñan dende a Xunta, te unha
importancia moi grande, por todo o que une aos dous pobos.

O presidente Rueda lembrou todos os beneficios que ten para os dous territorios a conexión de Galicia coa rexión norte de Portugal, precisamente despois de conseguir esta mesma semana o tren de alta
velocidade que conecta as principais cidades galegas desde Madrid
, salientou.

Segunda ratificación

Esta declaración de Portugal é a segunda ‘ratificación’ da prioridade da conexión por AVE con Galicia. O pasado día 15, o Goberno luso aprobara o Plan de Alta Velocidade, que, estimaba un tempo de viaxe de 50 minutos entre Vigo y Porto, un enlace que o Ministerio de Infraestruturas fixaba en ese mesmo ano 2032 ao tempo que tamén salientaba a necesidade de que o tren chega de Lisboa a Madrid en 3 horas no ano 2034.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.